Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Alalá de hoxe
Hoxe, martes, día 26/02/2008

Os protagonistas do programa Alalá deste martes son tres dos talentos máis importantes da música galega desde os anos setenta ata hoxe: Rodrigo Romaní, Anxo Pintos e Xosé Liz de Cea, tres nomes, tres artistas, tres figuras de distintas xeracións, que pertenceron e pertencen a distintas formacións.

Hoxe queremos facer unha viaxe pola música galega dos últimos trinta anos e remataremos no proxecto en común que une a estes tres artistas, chámase Lizgairo e os seguidores de Alalá terán a oportunidade de velos e escoitalos nun pequeno concerto.

Falaremos con Rodrigo Romaní dos duros momentos que atravesou a música nos anos setenta, unha etapa en que apareceron os primeiros cantautores comprometidos coa canción galega. Rodrigo Romaní coñece a Antón Seoane e xuntos interésanse pola música medieval e os instrumentos antigos antes de comezar unha etapa de esplendor cunha formación coma Milladoiro que exportou o feito aquí; este grupo foi o referente para a seguinte xeración de músicos e, tras vinte e dous anos, Rodrigo Romaní emprende o camiño en solitario.

Nos anos oitenta a música tradicional comeza a rexurdir e valorarse. Anxo Pintos leva aos escenarios a estética do momento co grupo "Matto Congrio" e demostra ata onde podía chegar o folk que tiña un forte competidor co pop e o rock. Anos despois crea un dos grupos mais representativos de folk galego: Berrogüetto.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-02-2008 01:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer