Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Primeiro partido da selección galega de Futbol Sala en Ferrol

GALIZA-URUGUAI, O PRÓXIMO DÍA 29 DE FEBREIRO

A selección galega de fútbol sala debutará o próximo día 29 de febreiro (21:00 horas) no pavillón da Malata de Ferrol contra Uruguai

O prezo das entradas será de tres euros para os maiores de dezaseis anos –os menores terán entrada gratuíta pero deberán recoller a súa invitación, xa que o aforo é limitado e non é entrada libre -.

Para evitar aglomeracións o día do partido na taquilla do Pavillón da Malata, a organización decidiu que as entradas se poidan comprar a partir do luns 25 no Padroado de Deportes de Ferrol (de 08:00 a 15:00) así como no pavillón o xoves 28 de 17:00 a 21:00 horas.

Xa hai máis de dúas mil solicitudes para o partido logo da campaña de promoción que, entre a Dirección Xeral para o Deporte e as federacións galegas de fútbol e fútbol sala, se realizou entre todos os clubs galegos de fútbol sala para "convidar a todos e todas deportistas".

Haberá actividades complementarias que se teñen previsto facer ao marxe do encontro, entre as que destacan as visitas de ámbalas dúas seleccións a diferentes centros de ensino da cidade –o xoves 28 pola mañá-, así como a sinatura de autógrafos e a posibilidade de sacarse fotos cos compoñentes da selección galega tralo adestramento, tamén do xoves, a partires das 19:00 horas na sala anexa á pista do pavillón da Malata.

Os membros de Siareiros Galegos anunciaron a súa presenza masiva nas bancadas do pavillón da Malata e tamén prevén unha campaña a prol do recoñecemento do combinado desta disciplina. Polo de agora, xa deseñaron un cartel e traballan na organización de viaxes en bus até Ferrol

Programa:

- MÉRCORES 27.
Á noite chegada da Selección de Uruguai a Ferrol.

- XOVES 28
De 12:00 a 14:00 horas adestramento da Selección de Uruguai na Malata.
De 17:00 a 19:00 horas adestramento da Selección Galega na Malata.
Ás 19:00 horas en sala anexa á pista do pavillón da Malata sinatura de autógrafos e fotos da Selección Galega cos nenos e nenas asistentes ao adestramento
De 19:00 a 21:00 horas adestramento da Selección de Uruguai.

- VENRES 29
De 12:00 a 13:00 adestramento Selección Galega.
Pendente confirmación Uruguai.
A partir das 16:00 horas actividades na pista azul.
21:00 horas encontro GALIZA – URUGUAI.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-02-2008 08:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer