Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Búscanse «Froles mareliñas»
Froles mareliñas cumpre 50 anos. Para celebralo piden a colaboración de cantos pasaron polo grupo.

Logo de medio século de vida no grupo de danza Froles mareliñas decidiron que é tempo de botar unha ollada ao pasado sen perder de vista o futuro.

O obxectivo último é lograr que o feito ata a data non se perda no esquecemento. Con tal motivo, decidiron aproveitar tan redondo aniversario para realizar sendas exposicións gráfica e sonora, talvez publicar un libro e, desde logo, bailar e bailar.

Dispoñen de bastante material pero, sabedores de que hai moito máis, empezaron a buscalo por terra, mar e aire. A primeira medida foi crear unha comisión que se encargue de organizalo todo e da que forman parte, entre outros, Fernando Davila, Xurxo Cabaleiro e Miguel Martínez Salomón.

Desde o seu porto base, o Círculo Cultural Recreativo de Chapela, lanzaron un chamamento de socorro. Piden que todas aquelas persoas que poidan ter información, fotografías, vídeos, carteis de actuacións, anécdotas..., póñanse en contacto con eles (ccrchapela@lycos.es) para facerllo chegar.

Sabedores de que para embarcarse nun proxecto como este se necesita o concurso de moita xente, convocaron fai uns días ás persoas que nalgún momento da historia do grupo formaron parte del. Martínez Salomón, primeiro director de Froles mareliñas, recoñece que a resposta da xente sorprendeulles en positivo.

Ao longo destes 50 anos o grupo tivo os seus altos e os seus baixos, pero os sucesivos directores, a familia Cabaleiro Miralles ao completo (Ángel , Antón e agora Xurxo) mantiveron a filosofía inicial, profundando nas raíces culturais de Galicia. Desde aquela primeira actuación nas festas de Bouzas de 1958 choveu moito. Agora queren empaparse con retrincos de todo o vivido. Están dispostos a rebuscar ata no arquivo de No-Do. Sorte.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 26-02-2008 01:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 neste comentario sobre froles mareliñas falta o nome do actual director que se ch#blgtk08#ama Josiño Gonzalez Guisande e non como comentades que e Xurxo.
Un saludo
Comentario por xuan carlos (24-10-2008 19:27)
2 froles mareliñas mais unidos ca nunca o rededor do seu diretor José González Guisande. O seu primei#blgtk08#ro diretor esqueceu dar o seu nome, e froles mareliñas somente intenta esquecer o primeiro diretor.
Comentario por Mareliños (26-11-2008 22:29)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer