Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Pecha A Casa do Coto (Tomeza)
Non me resulta nada fácil informarte do que segue:

Despois de 9 longos anos de funcionamento, chega o momento de anunciar o peche de A casa do Coto.

Foron 9 anos nos que pasaron moitas cousas: presentáronse moitos grupos, moitos discos, realizáronse moitas exposicións, algunha que outra festa ou xornada , …

A nivel persoal quédome con moitas noites de festa, moitos amigos, moitísimos recordos de momentos inesquecibles, moitísimas satisfaccións.

Non nos podemos despedir sen agradecerlle a tódolos grupos, asociacións culturais, artistas, amigos, camareiros e cociñeiras, veciños, … a súa colaboración desinteresada, sen a cal non serían posibles estes 9 anos de funcionamento.

Está previsto que A casa do Coto cese a súa actividade o próximo domingo día 9 de marzo, se ben está programada unha festa de despedida para o seguinte venres (14 de marzo).

Ata sempre.

Vicente Fernández
A casa do Coto
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-02-2008 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer