Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Skarnio: Novo disco xa á venda
Skárnio presenta o seu terceiro traballo, 'O nosso caminho'
Autoeditado con licenza Copyleft baixo o selo ?Arredista produçons?, conta con colaboracións de primeira.


O disco foi gravado e mesturado nos estudos Area Master (Vigo) e Océano (Nigrán), por Xavier Abreu, entre marzo e maio do ano pasado, e producido por Pedro Feijoo, de Muu Estudios (Vigo). Conta tamén coas voces de Mini (A Quenlla), Senén (Xenreira), Juantxo, Senéne (Skalariak) e Almudena (Transilvania), amais da enerxía das doce caboverdianas ? burelás que integran Batuko Tabanka.

Outro punto clave deste novo traballo é que foi editado baixo licenza Creative Commons, na liña de coherencia e compromiso coa escena musical galega que caracteriza a Skárnio: "queriamos demostrar que a autoedición é posíbel, e poñer a circular as nosas mensaxes e o noso traballo cunha licenza libre que permita a súa máxima difusión". A licenza copyleft permite a copia, distribución e modificación, mentres se recoñeza a autoría, o uso non sexa comercial, e se comparta baixo a mesma licenza.

Música para a loita

Skárnio mantén o seu espírito de loita neste novo traballo: "leva unha mensaxe combativa, como sempre foi o grupo, reivindicativo, porque consideramos que a loita é o único camiño". De aí o título: O nosso caminho reúne festa, loita e compromiso, os tres alicerces creativos deste colectivo político-musical galego nado no barrio vigués do Calvario, e espallado, once anos despois, pola Coruña, Vigo e Ourense.

Son catorce temas, mantendo a fidelidade co ska pero dialogando tamén con outros estilos, os que integran o disco. A independencia de Galiza, a liberdade dos presos e presas independentistas, a defensa da Terra, a loita da clase traballadora, a lingua ou o internacionalismo compoñen a loita de Skárnio, coa música como medio: "ferramenta de autodefensa para o sector social que non se resigna ante a morte doce do noso pobo, cociñada polos poderes fácticos do imperialismo".

O nosso caminho estase dando a coñecer dende primeiros de ano. Non ha tardar en estar operativo a web www.skarnio.info, dende onde se poderán descargar os temas e xa podemos escoitar un deles. Xa se poden ir escoitando tamén no My Space do grupo. Amais, a banda galega de ska está a preparar unha xira de presentación, nacional e internacional.

www.anosaterra.org

www.myspace.com/skarniogz

www.skarnio.info

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 04-02-2008 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0