Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Reedición crítica do Cancioneiro de Casto Sampedro
Histórica reedición crítica do cancioneiro de Casto Sampedro

Facsímile da obra editada en 1982 pola Fundación Barrié amplíase baixo a dirección de Carlos Villanueva. O libro inclúe estudos de Luis Costa, Xavier Groba e José Carlos Valle

A Fundación Pedro Barrié de la Maza presentou onte en Vigo a reedición de crítica do Cancioneiro Musical de Galicia de Casto Sampedro e Folgar, unha facsímile da obra editada en 1982 pola mesma fundación, con textos do Xosé Filgueira Valverde.

Nesta nova edición de 2008, a publicación inclúe unha serie de estudos críticos coordinados polo catedrático de Música da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Carlos Villanueva, e realizados por expertos como Luis Costa, Xavier Goba e José Carlos Valle.

O cancioneiro consta dun total de 652 páxinas nas que se recompilan 509 pezas musicais con partitura, reunidas por Casto Sampedro e a súa rede de informantes, entre os que destacaron Víctor Said Armesto, Ramón de Arana ou Santiago Tafall. O estudo abrangueu case un centenar de municipios da comunidade, e baseouse no contacto con colectivos sociais como "xente do mar, grupos de baile e aldeás," segundo destacou Villanueva.

As transcricións musicais teñen a peculiaridade de efectuarse, na maioría dos casos, de memoria ou mesmo en directo. Por iso, algunhas das partituras eran até agora inéditas.

O catedrático de Música Carlos Villanueva destacou que o cancioneiro é "unha mostra do recompilado por Filgueira Valverde" sobre o traballo de Casto Sampedro e explicou que estas investigacións "deixaron abertas unha serie de posibilidades" para continuar investigando no futuro. Afirmou que, esta publicación, xunto aos cancioneiros de Torner-Bal e Gay (tamén editada pola Fundación Barrié en 1972 e reeditado en 2007) e o de Schubart-Santamarina forman "o fondo editorial peninsular máis importante" na materia.

Pola súa banda, a directora da Fundación Barrié de la Maza, Marta Rey, destacou a "achega científica" realizada por Carlos Villanueva e o seu equipo de expertos, ao tempo que homenaxeou as figuras de Casto Sampedro e Filgueira Valverde polo seu labor de "salvación" do patrimonio galego.

www.elcorreogallego.es
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 30-01-2008 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer