Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VII Premios Opinión
O vindeiro luns coñeceranse os gañadores dos VII Premios Opinión

Dentro dunha semana faranse públicas as votacións dos membros do xurado dos PREMIOS OPINIÓN, que chegan á súa sétima edición.

Trátase dun ano no que aparecen na lista de votados varias formacións e solistas que xa conseguiron este distintivo que os acredita como artistas sobranceiros na escena folk.

Un trío de contendentes xa saben o que é facerse co galardón como mellor disco folk galego do ano. Mercedes Peón realizou con Sihá o seu terceiro disco, no que volve incidir nunhas composicións peculiares e moi personaisnesa mestura de tradición e modernidade que ela realiza como ninguén. Ela participa como colaboradora nunha peza incluída en Home, nova obra de Xosé Manuel Budiño, outro deses artistas que sobrancea ofrecendo unhas composicións moi características e cun estilo bastante marcado.

Pola súa banda, o grupo Nova Galega de Danza, baixo a dirección musical de Xosé Lois Romero, emprega unha linguaxe musical moi diferente neste Engado á que se manifestaba en Alento, a ópera prima da formación.

Estes tres son os únicos que teñen a opción de repetir como primeiro clasificado, algo que, de momento, ninguén logrou ao longo da historia do certame.

Pero outros gañadores tamén participan nesta edición e contan con votos do xurado. A orquestra folk SondeSeu logrou o segundo lugar na cuarta edición e publicaron no 2007 o álbum Trastempo, a súa segunda entrega discográfica. Fía na Roca tamén ocupara a segunda posición, no seu caso o mesmo ano no que nacían estes premios. Nestes momentos apostan con forza pola voz da súa cantante Sonia Lebedinsky, o que se nota en Vente vindo, unha obra madura e moi interesante.

Xabier Díaz, que vén de fichar como cantante de Berrogüetto, convenceu ao xurado co seu debut como solista, Músicas de Salitre, que se fixo co terceiro premio na quinta edición. No seu segundo traballo, Coplas para Icía, realiza un xiro musical e introdúcese na música tradicional, mais sempre cunha visión propia e contemporánea á hora de abordar as pezas escollidas.

Entre os outros artistas que recibiron algún voto e teñen opcións de optar a ser un dos tres galardoados aparecen proxectos novos, como o trío Entre Trastes, o conxunto Crema de Gaita, o gaiteiro Pablo Seoane e o dúo Sete Saias. Tamén recibirón votos un grupo veterano como Luar na Lubre, que ocupou en dúas ocasións o sempre ingrato cuarto lugar, ás portas de conquerir unha das figuras creadas expresamente polo artesán Salvador Hernández, que son un signo distintivo dos premios, e a banda Quempallou, que lanzou a súa terceira obra no 2007.

Nesta sétima edición son doce os discos que acadaron algunha mención por parte do xurado, constituíndo un récord na historia deste galardón.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 29-01-2008 01:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer