Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Nace a Federación Galega do Folclore
Unha ducia de grupos folclóricos de Galicia reuniuronse este sábado no Edificio Simeón de Ourense para botar andar a Federación Galega do Folclore, "un foro libre e aberto para todo o mundo".

Un foro de debate, "libre, aberto e con cabida para todo o mundo". Con ese obxectivo naceu onte, segundo o seu presidente, José Antonio Viñas (director de Queixumes dos Pinos), a Federación Galega do Folclore. Representantes de 12 grupos de folclore de toda Galicia referendaron onte o proxecto, coa firma dos estatutos e unha reunión de máis de tres horas no Edificio Simeón.

A Federación "pretende ser un punto de unión das distintas formas de ver o folclore", asegura Viñas; un lugar onde os grupos poderán intercambiar experiencias para traballar de forma conxunta polo folclore. A intención é que nun futuro a sede definitiva estea situada en Ourense e que a Federación programe tres asembleas ao ano (en xaneiro, xuño e outubro). Xunto a Viñas, a xunta directiva (elixida onte) está integrada por Laura López, como secretaria, Juan José Novoa (tesoureiro) e dous vogais.

www.laregion.es
Comentarios (10) - Categoría: Novas - Publicado o 28-01-2008 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
10 Comentario(s)
1 Unha vergonza de entidade, non ai mais que ver o seu presidente e o "ben" que lle fai o folclore, que parece #blgtk08#que voltamos os tempos da sección feminina.

Solo espero que esta iniciativa non siga adiante.
Comentario por Aexandre (28-01-2008 12:14)
2 comparto o dito anteriormente, e agardo que esa federación caia polo seu propio peso, sobre todo se está dirixida por esa tremenda personaxe...
Creo que a xente que valora o noso patrimonio e é coñecedora das andaduras do Sr.#blgtk08# Viñas sabe perfectamente o que vai facer con este "foro libre e aberto" onde espero que non colla moita xente a verdade... En fin, mazás apodrecidas hainas en tódolos cestos, simplemente deberian tirarse ao lixo (orgánico, eso si...)
Comentario por ourensán (29-01-2008 01:43)
3 A min esto soname moito a Federación da liga galega de Bandas de Gaitas, onde todo o mundo "libre e abertamente" facia un esperpento da cultura do noso país.

Seguramen#blgtk08#te sexa outra forma de chupar máis cartos por subvencións para este tipo de animaladas culturais, ou cobro de cuotas por pertencer a unha federación de estas características.
Comentario por Queixume dun pino (01-02-2008 17:15)
4 Outro máis!!!!xa cando pensabamos que Xose Lois chegara a súa fin,chegan outros persoaxaes da mesma calaña,ou peores se cadra,para ciscar polo chan o que tanto custou,e custa levantar na #blgtk08#provincia de Ourense.
Pois eso a seguir traballando con espírito polo país con "ideas" tan acertadas como esta que asi, si que avanzamos....miña nai, que con cartos todo se pode.
Comentario por queixume de outro pino (01-02-2008 17:34)
5 A min esto soname moito a Federación da liga galega de Bandas de Gaitas, onde todo o mundo "libre e abertamente" facia un esperpento da cultura do noso país.

Seguramen#blgtk08#te sexa outra forma de chupar máis cartos por subvencións para este tipo de animaladas culturais, ou cobro de cuotas por pertencer a unha federación de estas características.
Comentario por Queixume dun pino (01-02-2008 17:35)
6 Xa temos nesta zona da costa algunha referencia sobre ese personaxe. Menos mal que xa se sabe quen é este Jose Antonio, que senón moitos picarian a unirse nesa merda#blgtk08#.

Animo ourensans que ahí tedes moita xente que vale de verdade, sodes os grandes descoñecidos pero estades a dar grandes pasos na música tradicional.
Comentario por Eue (01-02-2008 22:35)
7 Arriba o minifundismo, e o chiringuitismo,..o elemento Viñas busca o camiño cando xa pouco lle queda para seguir mamando da teta, que pouco mais fixo. Lástima que moitos dos seus alumnos non poideran falar, que todo se sabeeeee. Outro "vendefume" mais, é pena dos qu#blgtk08#e lle seguen a corrente con este tipo de historias. Agardo que todo caiga polo seu propio peso. E os que non están no mundo do "folclore", que pregunten polo individuo este, e verán, verán vostedes...Polo demais, hai xente que SI traballa polo país.

Comentario por Quelledénmoito (07-02-2008 21:24)
8 Neste país coma sempre, cada vez que alguén ten iniciativa e intenta facer algo constructivo aparecen os catro caciques de turno, que por riba de non facer nada útil, morren ca envexa e so saben criticar e calumniar o que traballa pola nosa cultura. A estes caciques cheos de odio so se lle enche a boca falando de fomentar o galego coma idioma e crear galescolas, sen darlle importancia o verdadeiramente importante como e levar a nosa tradición e cultura (en forma de folclore neste caso) fora das nosas fronteiras, polo resto do pais e polo mundo adiante como fai o Sr. Viñas.
Eu dirialle a estes “falabaratos”, que antes de difamar a unha persoa coma o Sr. Viñas, se i#blgtk08#nformen ben, falando cos rapaces (que nadie lles tapa a boca e si poden falar e decir como os trata, cuida e enseña este señor) ou vendo o esforzo, traballo e dedicación do Sr. Viñas (que non e tanto chollo e non hay tanta teta como se pensan alguns da que mamar).
Apoio totalmente a iniciativa de facer un foro aberto con outros grupos, xa que uns aprenden de outros e todo enriquece o noso folclore, que en definitiva e do que se trata. Ademaís cando entre tantos escolleron o Sr. Viñas como presidente, por algo será, e se alguen e capaz de facelo mellor que deixe de falar tanto e que se poña mans a obra, que hai moito que facer.
Meus parabens, JOSE ANTONIO
Comentario por david justo (un que si coñece o Sr. Viñas) (06-10-2008 15:11)
9 Moito presume de que coñece a Viñas, eu tamen lle digo que coñezo a Viñas e polo que parece desde antes que vostede, sei de onde veu, por onde pasou e onde está. E dígolle que ese "Personajillo" como ben se di noutros foros, que o que fai faino a consta de aprobeitarse do traballo alleo, esperemos que algún día non falen quen teñen que falar porque se lle desmonta o choio todo que ten m#blgtk08#ontado.

E por se non o sabe en Galicia hai mais foros abertos tipo federacion galega de grupos de danza, asociacion de gaiteiros galegos... etc etc,penso que unha federacion do folclore esta demais se o que queremos é facer minifundismo e non tirar todos do mesmo carro. Pero asi é outro invento mais deste señor para estar na Cresta da Ola e por suposto ... CHUPAR DA TETA.
Comentario por Eu tamen o coñezo (09-10-2008 16:20)
10 Aqui todos din o mesmo. Se falasen os que teñen que falar, se os seus alumnos dixesen... A ver que falen todos. Aqui todos moi valentes e metendonos con todo o mundo pero a ver, donde estan as provas do que vos decides?
Se nos vamos a poñer#blgtk08# a presumir de quen coñece o Sr Viñas pouca xente o coñecerá coma min que o coñezo dende sempre.
Ademais que tendes vos que derlle ao Vicepresidente da Federación Internacional de Folclore (IGF). Cada un consigue o que ten co seu traballo.
Comentario por Malmequer (03-01-2012 15:58)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer