Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Comeza a campaña do BNG
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 25-01-2008 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 non da un pouco a nota este "arti#blgtk08#go" dentro do voso blog?
Comentario por saltón (26-01-2008 15:48)
2 Ás veces, para defender unha cultura e unha tradición non chega con bailar e cantar en galego.
Ás veces, en determinadas ocasións, hai que dar un paso adiante e tomar conciencia noutros campos: #blgtk08#sociais, ecoloxistas, lingüisticos, políticos...

Comprendo que haxa xente que non comparta este pensamento, pero hai moitos xeitos de facer País.

Un saúdo
Henrique
Comentario por Henrique (27-01-2008 18:45)
3 Paréceme ben que se unha compañeira de Malmequer aparece nunhas listas electorais se lle dea publicidade, como xa pasou nas eleccións municipais, sabendo que nesa ocasión quizáis conten máis as persoas que os partidos políticos.
Pero nesta ocasión estou dacordo con "saltón" no de que o artigo tal vez non debería estar neste foro.

Sen ánimo de ofender nin de causar polémica (iso sempre por diante) penso que existen foros máis adecuados para este tipo de anuncios posto que Malmequer se converteu nun punto de referencia para os amantes da nosa cultura (que non da política).

Como ti dis, Henrique, #blgtk08#hai moitos xeitos de facer país, pero este tamén pode facerse dende outras siglas diferentes ás do BNG, como é no meu caso. Cada un de nós traballamos en prol de Galicia coas nosas propias ferramentas e recursos, e non sempre respaldados polas mesmas persoas.

Partcularmente a min paréceme pouco apropiado centralizar a publicidade deste tipo de actos a un só partido político, posto que este blog é visitado por xente de todo tipo de ideoloxías.

Reitero que esta é a miña opinión persoal, e que evidentemente contemplo a posibilidade de que non todo o mundo estea dacordo comigo.

Un saudiño.
Comentario por Nuria (28-01-2008 02:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer