Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Primeiro traballo de Capitán Furilo

Tras algo máis dun ano dende o nacemento do grupo, Capitan Furilo autoedita o seu primeiro EP baixo o título de POP?, o grupo desarrolla o seu pop directo e sen complexos que supon a consolidación do grupo e a definición do seu propio sonido.

A presentación oficial de POP?, será o próximo sábado 26 de Xaneiro en Ponteareas cunha cea–concerto–performance no que haberá musica en directo, algunhas sorpresas e sesión Dj como broche final.

A presentación deste novo traballo será o punto de partida dunha xira de concertos o redor da xeografía galega nos próximos meses cos que o grupo porá en escea as súas novas cancións.

Capitan Furilo formouse a finais do ano 2006 tras o encontro prometedor e casual en Dublin de Mikel (guitarra) e Oscar T (bateria), o gusto común polo pop enerxético e as míticas series televisivas dos oitenta fixeron que unha simple noite de troula se convertera na posta en escena dun novo proxecto musical que agora se consolida.

O próximo 26 de Xaneiro non só se presenta o primeiro mini traballo da banda senon que se publicán as cinco cancións na rede co fin de que cada persoa libremente poida descargalas. Ate o de agora só está disponible a primeira canción do EP titulada “Pipermint”.

www.myspace.com/capitanfurilo
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 25-01-2008 08:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer