Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Cambio de dirección en Nordesía |
|
 A empresa adicada á promoción musical e cultural Nordesía renova a súa dirección baixo as ordes de Quique Costas, que os últimos doce anos foi representante do coñecido grupo galego Milladoiro. Remuda así na súa dirección a Xavier Alonso que desempeñou as funcións de dirección da empresa nos últimos anos.
Segundo informa Nordesía nun comunicado de prensa, a chegada de Quique Costas "abre unha nova etapa para seguir crecendo cara a novos mercados". Para iso, contan "cun profesional do sector con máis de vinte anos de traxectoria no mundo da cultura" que, continúa o comunicado, "trae con el toda a súa experiencia".
Dende 1989 ao 1992 , Quique Costas dirixiu Interpublic, unha empresa que tivo un importante papel na comunicación do Goberno da Xunta durante esa etapa. Dende o ano 93 sempre estivo vinculado ao mundo da cultura a través de diversas empresas culturais, ademais os últimos 12 anos foi o representante do grupo Milladoiro e o responsable da xestión de Producións e dos Estudios Cormorán.
Costas "afronta a dirección de Nordesía cargado de ilusión, a súa experiencia e traxectoria no mundo da industria musical son un aval para acadar os obxectivos que se propón para a empresa", sinalan no comunicado.
"Consolidar o liderado da empresa no sector"
Coa súa incorporación, a empresa aspira a "consolidar a situación de liderado de Nordesía no sector, ao tempo que unha adaptación da compañía á súa actual dimensión e preparala para os novos retos do futuro", engaden.
A empresa "seguirá apostando pola representación e a creación en Galicia, por seguir deseñando novos espectáculos e ofrecer ao público as propostas máis interesantes chegadas doutros territorios distantes na xeografía mundial".
Doce anos creando éxitos
Nordesía Produccións foi fundada no ano 1996 e acadou durante estes doce anos un lugar destacado na industria da música en Galicia e no resto do Estado.
Representa dende hai anos a grupos de éxito como Berrogüetto ou Fía na Roca e artistas como Xosé Manuel Budiño, Uxía ou Narf. Ademais nos últimos tempos, Nordesía vén organizando un encontro coa lusofonía, "Cantos na Maré", no que reúne a destacados artistas de Galicia, Portugal, Cabo Verde, Mozambique ou Brasil. Un espectáculo que se celebra anualmente en Pontevedra e que Nordesía saca á rúa nun disco con todos os artistas.
www.elcorreogallego.es
www.nordesia.com |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|