Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Entrevista a Guadi Galego |
|
A nova do día
A voz do grupo folk anuncia a súa marcha por «cansazo» e para dedicarse a proxectos como Nordestinas
Guadi Galego deixa Berrogüetto por cansazo, pero non se arrepinte dunha «escola de madurar de dez anos». A cantante e gaiteira asegura que, se volvese «empezar, volvería facelo con Berrogüetto».
-¿Cal é o motivo para deixar o grupo?
-É unha decisión meditada e que tomei hai un ano, pero que non podía poñer en práctica porque tiña que esperar a que rematasen os compromisos. Deixo o grupo por cansazo, porque quero facer algunhas outras cousas e Berrogüetto é un proxecto esixente que require moita enerxía.
-¿Ten que ver coa cantidade de proxectos nos que participa, Nordestinas ou Espido?
-Creo que teño bastante capacidade para cambiar o chip, participar en varios proxectos e disfrutar en todos de maneira distinta. Pero, en conxunto, uns proxectos con outros fanse difíciles de levar. Creo que Nordestinas é un proxecto que me gustaría que se tocase e agora non podía dedicarlle máis tempo.
-¿Con ou sen descanso, cales son os proxectos?
-Non penso no futuro porque me chega co que hai. Cada mañá sento diante do piano e vou seguir compoñendo. Música vou facer toda a miña vida, na casa cos irmáns, nos bares cos colegas, ou na rúa.
-¿Como valora o seu paso pola banda?
-Nacín profesionalmente con Berrogüetto e foi o proxecto máis importante da miña vida. É unha banda que me deu moitas cousas que fan medrar como artista. Con momentos marabillosos e momentos malos, pero se volvese empezar volvería facelo con Berrogüetto.
-¿Cal foi o mellor momento do grupo?
-Este último ano con este último disco. Estiven moi respaldada e tiven moita cancha. Eu creo que foi o ano que mellor tocamos e que, aínda estando dez anos xuntos, había moita ilusión.
-¿Por que deixalo cando as cousas van ben?
-Estou cansa e creo que, se non se está nunha cousa a tope, é mellor non estar. Quizais podería estar ao 25% pero non quero facer iso.
-¿Haberá carreira en solitario?
-Música vou seguir facendo, pero para traballar en solitario hai que ter moito que dicir, así que hai que ir facendo.
www.lavozdegalicia.es |
|
|
|
6 Comentario(s) |
|
1 |
Moita sorte Guadi e a coller for#blgtk08#za para todos os novos proxectos |
|
|
Comentario por Xan Ghaiteiro (11-01-2008 09:22) |
|
|
2 |
#blgtk08# |
|
|
Comentario por iolanda (11-01-2008 09:30) |
|
|
3 |
Que todo che saía ben, non será o mesmo sen ti, pero as veces hai que elixír e nunca se sabe se é o correcto #blgtk08#ou non, pero hai que face-lo aínda que as veces costa tomar certas decisións. Bicos dunha incondicional. IO. |
|
|
Comentario por iolanda (11-01-2008 09:32) |
|
|
4 |
moita sorte pra guadi. e que berroguetto siga, #blgtk08#cando menos, tan fenomenal como ata o de agora. |
|
|
Comentario por ruben (11-01-2008 10:27) |
|
|
5 |
Que o camiño elexido sexa o mellor para tod@s, e sigamos disfrutando de Berrogüetto, de Guadi, de Xabier, de Espido, de Nordestin@s, de Nova galega de#blgtk08# Danza, de...
Se é que son tod@s grandes artistas e un grande orgullo para a música galega.
Sorte en todos os proxectos |
|
|
Comentario por Henrique (11-01-2008 10:56) |
|
|
6 |
Qué mágoa, non? Pero o certo é que sempre é bo estar a se renovar e ela vai seguir a estar presente con Espido e con Nordestin#blgtk08#@s... no fondo non é unha perda: como se di cando se che casa unha filla... non perdo unha filla, gaño un fillo... jejejejejeje |
|
|
Comentario por Edu (11-01-2008 15:05) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|