Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Hoxe Alalá en Toutón
Martes 1 de xaneiro ás 21:40

Chega un Aninovo máis e Alalá vaise centrar nesta intensa festa con outro programa especial para estrear o ano, pero en certo sentido cambiando o escenario, xa que o vai recibir nunha aldea chamada Toutón (do concello de Mondariz) onde todo cambia: cambia a iluminación de Nadal, as présas, as compras de última hora e as visitas aos centros comerciais polas tradicións musicais do Nadal, cando se recibía o ano cantando "Manueles", "Xaneiras" e bailando, por suposto. Toutón é un dos lugares onde mellor se conserva este tipo de tradicións. O primeiro Alalá do ano está abarrotado de cantos, bailes e traballos.

Nesta aldea de Toutón, como noutras de Galicia, estas datas tiñan outro significado moi importante: estamos no comezo dun novo ciclo natural; a natureza descansa e hai que ir preparándose porque en pouco tempo haberá que sementar e traballar a terra para que dea os seus froitos, que se recollerán no verán e no outono.

A proposta deste primeiro Alalá do ano é facer un percorrido por ese ciclo natural guiándonos polos traballos e pola música relacionada con eles. Así, vivirase unha esfollada e todos os rituais que a rodeaban: recoller o millo, quitarlle o follato, cantar e facer a matuca coa palla...; ou asistirase tamén a unha daquelas noites inesgotables facendo augardente. En Toutón aprenderase a facer o pan, outra das tradicións que segue en pé e, entre outras cousas, revivirase unha labrada das auténticas con bois tirando do arado, acompañado do baile do ramo que facían logo na leira e o viño do rego.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-01-2008 21:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer