Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Novo disco de A Caricia da Serpe

A Caricia da Serpe presenta o seu segundo disco “O Sorriso do Diaño”

A música de A Caricia da Serpe é difícil de clasificar, blues de Nova Orleáns, pop, rock, reggae, flamenco, referencias a bandas sonoras cinematográficas, cancións populares revisadas e tangos, e sempre cun marcado carácter literario. Co novo disco “O Sorriso do Diaño”(Wonderland) A Caricia da Serpe cumpren 10 anos da súa formación como banda e neste novo traballo presentan doce temas que inclúen poemas e cancións escritos por Lino Braxe e musicados por Rómulo Sanjurjo e Miguel Ladrón de Guevara.

Con respecto ao seu anterior traballo “A caricia da Serpe” (Wonderland, 2005) a banda aposta moito máis pola música orixinal e ofrece menos versións que noutras ocasións. En canto ós contidos, o grupo, tenta achegarse aínda máis ás preocupacións sociais.

O traballo será presentado o venres, 21 de decembro na FNAC de A Coruña e o xoves, 27 o Teatro Rosalía de Castro da mesma cidade será o concerto de presentación.

http://acariciadaserpe.blogspot.com/
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-12-2007 00:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer