Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Novo disco de Pai de Cana e concerto presentación
O CD presentarase no Teatro Principal de Pontevedra o día 28 de decembro ás 20:30 horas, entrada libre.

O Grupo de Música Tradicional Pai da Cana recolle no seu novo disco, paidacana12 (Edicións do Cumio, 2007), os 12 anos de traxectoria do conxunto amosando as distintas formacións musicais que foi adoitando, así como unha parte do seu repertorio a través do que se pode percibir a súa evolución musical.

O grupo, formado en 1995 na asociación cultural do mesmo nome de Poio, ten un repertorio de pezas das charangas galegas que existiron no país e mais en América dende finais do século XIX, ritmos importados coma o vals, a mazurca, a polca, a ranchera, o tango ou a rumba, que na altura se relacionaban co progreso e a modernidade, e outras pezas tradicionais arranxadas dentro desta estética musical de entreséculos que tamén levan ao seu vestiario de actuación.

Na charanga de Pai da Cana a gaita e o acordeón se funden cos instrumentos propios das bandas de música como o clarinete, o saxofón, a caixa e o bombo con pratos.

Forman o grupo María Vidal, Miguel Dopazo, Diego Rodríguez, Iria García, Oscar Pazos e Carlos Mouriño, baixo a dirección e arranxos de Óscar Ibáñez.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 20-12-2007 02:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer