Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Disco Operación Can

Música e ecoloxía únense en “Operación Can”
Trátase dun proxecto orixinal, innovador e pioneiro que busca concienciar á xente máis nova da necesidade de coidar o noso medio ambiente.

“Operación Can” está coordinado pola Unión de Protectoras de Animais Federadas de Galicia (UPAFGA) e as productoras audiovisuais Casa de Tolos e PAI Música. O resultado é un CD con 16 temas compostos por rapaces da ESO e un DVD con seis videoclips.

“Operación Can” é un proxecto de sensibilización medioambiental que utiliza a música como medio para acadar este fin. Partíu dun certame musical no que diversos rapaces dos centros escolares galegos enviaron á UPAFGA cancións creadas por eles, cantadas en galego e cunha temática ecolóxica.

Trintedúas cancións chegadas de toda a xeografía galega competiron polo premio, un diploma e a gravación do seu tema nos estudos Casa de Tolos de Gondomar (Pontevedra). Hai que dicir que case 10.000 mensaxes electrónicas decidiron a selección final. Asemesmo, as seis cancións máis votadas foron premiadas coa rodaxe dun videoclip.

“Operación Can” consta dun CD de audio con 16 cancións e un DVD con seis videoclips; ademais dun “como se fixo” e un documental sobre o fucionamento das protectoras de animais de Galicia.

En palabras do presidente da UPAFGA, Javier García, “os rapaces son os que mellor interiorizan o respecto ao medio ambiente e os que mellor transmiten estas ideas aos maiores”.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-12-2007 00:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer