Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Real Banda invade A Coruña
O Colectivo en Defensa da Gaita (CDG) quere manifestar o seu profundo malestar e a súa indignación ante a celebración o día 22 deste mes de Decembro en A Coruña dun concerto da Real Banda de Gaitas da Deputación Provincial de Ourense, agrupación musical subvencionada con cartos públicos que non representa nin a Galicia nin a súa música.
Este acto está patrocinado pola Fundación Caixa Galicia coa colaboración da Deputación de A Coruña, entidades moi vinculadas á cidade nas súas actividades supostamentes culturais.

Se a Cultura é o conxunto de manifestacións nas que se expresa a vida tradicional dun pobo, o CDG non pode considerar este concerto como unha actividade cultural galega porque esta agrupación representa máis a Escocia que a Galicia, copiando intencionadamente instrumentos, estéticas e formas musicais doutras culturas alleas á nosa.

É moi curioso como o resto de actuacións incluidas neste programa mensual son cobrando
unha entrada que nesta ocasión é gratuíta, para non poñer en evidencia que o interés por este espectáculo na cidade sería mínimo.

O CDG considera que esta invasión musical allea é totalmente inxustificada, querendo chama-la atención á cidadanía en xeral da difusión nos distintos medios de comunicación de espectáculos enganosos como este, sen que ninguén diga nen opine nada ó respecto. E o máis vergonzoso é que todo isto siga acontecendo, degradando a nosa cultura ás agachadas, sen oportunidade para que a sociedade opine ao respecto e sendo conscientes da existencia de bandas de por aquí que representan de verdade á nosa cultura e con infinitamente máis dignidade. Lamentable.

Colectivo en Defensa da Gaita. A Coruña
Comentarios (5) - Categoría: Novas - Publicado o 18-12-2007 01:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Axeitada a denuncia.

A Real Banda esa é unha pailanada in#blgtk08#culta e de mal gosto.

Un saúdo,

Xiao Roel
Comentario por XiaoRoel (18-12-2007 02:22)
2 se en vez de insultar vos dedicarades a aportar algo, a musica de este pais estaria ao nivel de calquera de eses paises que nomeades, pero xa se sabe que en galiza cando algo funciona e porque esta copiado de algo ou de alguen. se non fose p#blgtk08#or esa agrupacion hoxe en galicia non haberia mais que catro grupiños de merda. con todos os defectos que poida ter a real banda... fai falta ter de todo para que a cultura evolucione e non nos quedemos na imaxe do gaiteiro de postal dos 60.
Comentario por puntxa (18-12-2007 14:05)
3 vale máis catro grupiños de merda pero dignos#blgtk08# e non esa borrallad a real banda puaaagggg!!
Comentario por fiadeira (18-12-2007 18:41)
4 Unha alternativa galega para ese día:

Cántigas da Terra celebra o seu 90 ANIVERSARIO, no Pazo da Ópera da Coruña o 22 de Decembro, ás 20:30 h.#blgtk08#r />
Como convidados especiais:

Susana Seivane
Xosé Ferreirós e Nando Casal (Milladoiro)
Alberto Conde (Pianista)
Comentario por Xan ghaiteiro (19-12-2007 14:08)
5 Orixe? Comezos? Cultura? A gaita non ten as suas orixes en galiza, a gaita ten un orixe árabe, se de verda quizerades ser uns tradicionais tocariades unha gaita sen evolución¡ As primerias gaitas propiamente galegas son cunha única buxa e con ronco e ronqueta por arriba. Chamades tradicional ao levar os roncos por debaixo, pff. Se tes un pouco de oido sona igual. O invento voso o que chamades pallon, e unha invencion escocesa, se queredes usade de cana, e o outro, o de plastico i#blgtk08#nventou o excelentisimo Xosé Lois Foxo, e digamos que é galego porque o inventou un galego. A real banda non so é mais galega que vos senon que tamen mais tradicional, as cancions que tocamos son tradicionais, os cantares con mirian figueiras si que son tradicionais, unha cultura popular recollida a xente do pobo.Seguiria asi hasta mañá.

Invadimos Coruña¡¡¡ Gracias por ese alarde¡¡¡ xa que en coruña non deixan de querer o que de verdade e bon.

Saudos
Comentario por Gaiteiro Real (08-01-2008 15:30)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer