Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xa á venda o CD de Xosé Luís Miguélez
Quería informarvos que o meu CD "Esperanza" atópase xa á venda nas tendas de discos e na web da editorial Dos Acordes www.dosacordes.com

Este traballo recolle da gravación ao vivo do meu concerto de fin de carreira, na especialidade de "música tradicional galega" polo Conservatorio Superior de música de Vigo, do que agora se cumple un ano, feito que aproveitamos para editar o CD.

Tedes moita máis información nas webs
www.xlmiguelez.com
e
www.myspace.com/xlmiguelezesperanza

O prezo nas tendas será de 12€.
Si estás a vivir fora de Galicia ou non o atopas nas tendas, a través da web da editorial podese mercar cunha oferta de lanzamento de tan só 10€, 3€ de gastos de envio (si pagas con tarxeta de crédito) ou de 10€ 5,60€ (se preferes pagar contra reembolso).
Para os países da Unión Europea o prezo é de 10€ 15€ de gastos.
Resto dos países 10€ 25/30€ dependendo da modalidade de envio.

O link directo para mercalo de este xeito é http://www.dosacordes.com/web/tienda.php?ide=77

Este sábado día 15, no programa da Radio Galega "Lume na Palleira" entre as 16:00 e as 18:00 faremos unha pequena presentación do CD.
(O programa retrasmitirase en directo dende o auditorio de Ourense, dentro da programación do "Día do orgullo gaiteiro", organizado pola Aula Gomes Mouro e a AOFT)

Espero que vos guste.

Un saúdo e grazas.
XL Miguélez

Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 13-12-2007 00:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Eu merqueino e creo que é do mellor que estoitei nos últimos tem#blgtk08#pos. Nunca pensei que se podería tocar así cunha gaita. Parabéns
Comentario por Alfredo González Regueiro (25-01-2008 00:44)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer