Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Retranca: revista de humor en galego
Preséntase Retranca unha revista que aposta por recuperar o humor galego co lema ?lerasnos de morto se non nos les de vivo?.

A partir deste mes de novembro os galegos teremos unha cita mensual co sorriso nos nosos quioscos. O Café Moderno de Caixa Galicia, en Pontevedra, acolle o vindeiro día 31 de outubro ás oito da tarde (noite se Samaín) a presentación de Retranca.

Esta nova revista chega ao mercado disposta a recuperar a longa tradición humorística galega e conta coa Santa Compaña coma Mascota, baixo o lema ?Lerasnos de morto se non nos les de vivo?. O feísmo é o tema principal do primeiro número desta publicación, que agasalla os lectores cunha foto do rei ?que espertará as paixóns máis ardentes?, advirte o envoltorio. A proposta chegará a primeira semana de novembro ao público a través dos quioscos de todo o país, cunha distribución de 8.000 exemplares que se venderán a un prezo de 2,20 euros cada un.

A Kiko da Silva, director e promotor do proxecto, súmanse nestas páxinas auténticas estrelas como son as firmas de Manuel Rivas e Miguelanxo Prado. Canda eles, autores xa coñecidos dos xornais galegos coma Xaquín Marín, Pinto e Chinto, Kohell, Leandro, Luís Davila ou Andrés Meixide. Alberto Guitián, Jacobo Fernández ou os colectivos Pestinho+1 e Reizentolo, entre outros son algúns dos colaboradores galaicos do proxecto. Desde fóra do país achegan a súa ollada os coñecidos Idígoras & Pachi ou Mel, coñecidos polas súas colaboracións en El Mundo ou El Jueves. Boa parte destes autores participarán no evento de presentación.

A iniciativa parte do humorista gráfico e ilustrador Kiko da Silva, e quere ocupar un espazo ata agora descoidado nas bancadas. ?Hoxe en día non hai ningunha publicación dedicada a nos facer rir de nós mesmos en Galicia?, explica, ?e coa tradición de humor que temos, con nomes coma Castelao, Fernández Flórez, Julio Camba, Siro ou Pepe Carreiro non é de crer que non haxa público?. Da Silva xa leva anos a traballar no campo da edición co proxecto BD Banda, revista de cómic que verá en breve o seu segundo número e que xa foi galardoada en diferentes eventos dedicados á novena arte.



Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 25-10-2007 08:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Non vexo a hora de votarlle unha ollada á revista, o nome é axeitadísimo, os colaboradores envidiables... ¡E que xa era hora de que alguén volvera a sacarlle partido á nosa retranca#blgtk08#!!

E, de paso, felicitacións polo blog. É a miña primeira vez nel e polo pouquiño que explorei paréceme interesantísimo e de boa calidade.

¡Ata outra!
Comentario por Carmela (07-11-2007 14:21)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0