Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IV CURSIÑO XARABAL 23 ANIVERSARIO
IV CURSIÑO XARABAL 23 ANIVERSARIO

A AA.CC. Xarabal celebra a 4ª edición dos cursos reunindo a amigos, colaboradores e profesionais da música folk. Este ano asinamos a nosa
estreita colaboración coa AA.CC. Valladares e desenvolveremos as nosas actividades no seu local. Agradecemos o esforzo e colaboración ofrecido pola AA.CC. Beade nas edicións anteriores.

Celebrarase os días 28, 29 e 30 de Setembro

Lugar: AA.CC de Valladares, Estrada de Valladares 233. Tlf: 986 46 70 53
Aloxamento: Seminario maior San José. Estrada de Madrid 8. Tlf: 986 41 26 66

CURSOS, Impartidos por:

Empalletado e afinación de Gaita 1: MARCOS CAMPOS
http://www.myspace.com/marcosmasterpipe

Técnica e interpretación de Gaita 2: ANXO LORENZO
Whistle: ANXO LORENZO http://www.myspace.com/anxolorenzo

Percusión tradicional: ALBERTO COSTAS

Construción de Palletas: ANTÓN CURRAL (Horario de mañá e de tarde)

Requinta e Frauta irlandesa: JOSÉ LIZ http://www.myspace.com/xoseliz

Bouzouki: JOSÉ LIZ

Baile: MIGUEL SOUTO

Acordeón: JORGE ARRIBAS
http://www.myspace.com/jorgearribas

Percusión Folk: ROI ADRO

Violín: AFONSO MERINO

Bodhran: ROBERTO MÍGUEZ "MILLA"

Os cursos contarán coa colaboración de amigos e profesionais representantes de cada Especialidade para ofrecer conferencias e pequenas charlas-coloquio.
Realizaranse exposicións de artesanía.
Faranse audicións comentadas de concertos en directo impartidas por invitados en horarios ?non lectivos? en salas de vídeo acondicionadas.
Todas as noites realizaranse sesións en coñecidos pubs da cidade.
Haberá entrega de diplomas acreditados pola institución organizadora.
Realizarase un concerto final con alumnos e profesores.

Horarios dos Cursos:
Construción de Palletas, Gaita 2, Acordeón, Requinta Frauta Irlandesa, Percusión Folk e Violín : 9h a 13.00
Gaita 1, Whistle, Bouzouki, Construción de Palletas, Percusión tradicional, Baile e Bodhran : 16h a 20h

Duración: O curso terá unha duración de 3 días.
Comezará o venres 28 de Setembro e terminará o Domingo 30 de Setembro.

Prezo: O prezo da matrícula de 1 curso é de 150 euros con aloxamento dos días 28 e 29 dietas dos días 28, 29 e 30.
O prezo da matrícula de 2 cursos aloxamento dietas é de 225 euros.

Para os que non se aloxen na pensión e non dispoñan das dietas o prezo da matrícula de 1 curso será de 75 euros.
E para estes mesmos o prezo da matrícula de 2 cursos será de 150 euros.

* Só admítese que os participantes acudan a 2 cursos (1 de mañá e 1 de tarde) como máximo.
Data límite de inscrición: Luns 24 de Setembro.

A matrícula formalizarase a través do e-mail de Xarabal:
info@... indicando os cursos aos que se desexa asistir e enviando unha copia do resgardo bancario ACHEGANDO O NOME DO ALUMNO/ A.

Poderase enviar por fax devandito resgardo bancario ao: 986 36 79 38 especificando o nome do alumno/a, curso en que participa, nº de teléfono e DNI.

Ingresar o importe no nº de conta: 2080 0217 38 0040000463 de Caixanova a nome de AA.CC. XARABAL.
Todos os alumnos matriculados deben acudirse o venres 28 de setembro ás 8:30 h na Asociación de veciños "Val do Fragoso" Rua Val Miñor 1-3. VIGO (EN FRONTE DO ESTADIO DE BALAÍDOS-CELTA DE VIGO)

HAI LÍMITE DE PRAZAS.

TELÉFONO DE INFORMACIÓN: 645 13 29 71

Consultar toda a información na web de XARABAL:
www.xarabal.org
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 20-08-2007 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer