Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Resultados do Concurso Avelino Cachafeiro
Nove músicos tomaron parte, o sábado 18 de Agosto, na elección do que moitos consideran o mellor gaiteiro de Galicia. Foi durante a celebración da XXVIII Festa do Gaiteiro, en Soutelo de Montes. A clasificación final foi a seguinte:

1º Pablo Devigo
2º Óscar Ibáñez
3º Edelmiro Fernández

O xurado estivo composto por Juanjo Fernández, Xaime Estévez, Roberto Quintillán, Begoña Louzao e Manuel Alonso.

Nesta edición o pregón foi pronunciado por José Seivane que falou sobre a súa mocidade a memoria da gaita e os gaiteiros. Rematou as súas verbas cunha copla perfectamente entonada.

Acudiu tamén o vicepresidente da Xunta, D. Anxo Quintana quen pronunciou un discurso no que remarcou a importancia que ten a música tradicional na sociedade Galega.

O Concello de Forcarei, representado polo seu alcalde D. David Raposeiras, concedeu as Medallas Gaiteiro de Soutelo a Edicións do Cumio, Ouvirmos, Coral Ruada e á Casa de Galicia de Maracaibo pola laboura de todos eles a prol da nosa cultura tradicional.

Un ano mais comprobouse que a Festa do Gaiteiro é unha das citas ineludibles para todos aqueles que honran a música tradicional galega.

http://www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 20-08-2007 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer