Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cursiño de Técnicas de interpretación dos Gaiteiros de Soutelo
I CURSIÑO DE TÉCNICAS DE INTERPRETACIÓN DOS GAITEIROS DE SOUTELO

O número de Gaiteiros medra cada día máis en Galicia e con él a necesidade de que na formación musical estean presentes as técnicas de interpretación propiamente galegas, como as dos Gaiteiros de Soutelo e outros grandes intérpretes. O cursiño repasará todos aqueles recursos expresivos que facía do son das gaitas dos Gaiteiro de Soutelo algo característico e os propios alumnos poderán experimentar nel as apoiaturas, os semitrinos, os dúos, etc., coas súas propias gaitas.

O cursiño, organizado polo Concello de Forcarei, será impartido polo gaiteiro Juanjo Fernández.

Bases da Inscripción

1) O Cursiño terá lugar en Soutelo de Montes, o venres 17 de Agosto de 2007, de 12,00 h. a 14.00 h. (teoría) e de 16,00 h a 18,00 h. (práctica).

2) O número máximo de alumnos será de 25 (aceptación por orden de inscripción)

3) O prezo de inscripción é de 10,00 €, que se abonarán ó comezo do cursiño.

4) A inscripción pódese facer por teléfono (986 755 036), fax (986 754 082) ou por correo-e, facendo constar nome completo, lugar de residencia e idade.

5) O prazo de inscripción finaliza o xoves, 16 de Agosto, ás 24,00 h.

6) Os alumnos virán provistos de gaita, preferiblemente co punteiro adaptado á dixitación pechada.

7) Os alumnos terán xa unha iniciación á gaita para o correcto seguimento da materia.

8) A comida correrá a cargo dos alumnos.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 07-08-2007 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer