Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Resultados do IV Concurso de Música Tradicional Ricardo Portela (Cotobade) |
|
Óscar Ibáñez e Pablo Devigo repartíronse o premio do IV CONCURSO DE MUSICA TRADICIONAL RICARDO PORTELA que se celebrou o sábado, 21 de xullo de 2007, en Viascón (Pontevedra). O premio de percusión foi para Andrés Vilán Lorenzo, tamborileiro que actuou acompañando a Óscar Ibáñez.
Os tres gaiteiros recibiron os galardóns aos postres da comida de irmandade que se celebrou hoxe domingo con motivo da homenaxe a Ricardo Portela e aos Irmáns Pichel, gaiteiros do concello de Cotobade, e que contou ca presenza de D. Manoel Loureiro Adán, alcalde deste concello, dous dos seus concelleiros e do Sr. Director Xeral de Creación e Difusión Cultural D. Luís Bará Torres.
O III Premio Irmáns Pichel que, cada ano, se outorga a unha persoa ou entidade vencellada con Don Ricardo, recaeu sobre Amando Fontán, amigo do gaiteiro de Viascón. Amando recolleuno, visiblemente emocionado, das mans do Sr. alcalde e pronunciou unhas entrecortadas verbas en memoria do que fora o seu mestre e amigo.
O Director Xeral de Creación e Difusión cultural da Xunta de Galicia, D. Luís Bará Torres, pronunciou unhas palabras en lembranza de Portela e anunciou a inminente posta en servizo da 'Casa de Gaita' que será xestionada por esta Asociación.
http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/modules/news/
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|