Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
IV Concurso de música tradicional Gaiteiros de Viascón |
|
IV Concurso de música tradicional Gaiteiros de Viascón
Este fin de semana celebrarase na carballeira da Portela (Cotobade) a cuarta edición do concurso de música tradicional Gaiteiros de Viascón.
Son catro os grupos que participarán no concurso este ano. Óscar Ibáñez e Andrés Milán, gañadores do certame no ano 2005, Pablo de Vigo e Marcos Pérez, gañadores o ano pasado, Aberto Coya e Rodi Adrio e o dúo mixto formado por Gonzalo Abelaidas e Noelia García.
O certame celebrarase o sábado ás 19 horas na carballeira da Portela. Os premios que se repartirán serán tres. O gañador do primeiro premio Ricardo Portela recibirá 1.200 euros. O que se faga co galardón Viascón de percusión, 300 euros e por último otorgarase o trofeo Gaiteiros irmáns Pichel a Armando Fontán, unha figura que tivo moito que ver na vida de Portela.
O domingo está prevista unha ruta de sendeirismo, Viascón via escondida, con saída ás 10 horas da Casa do Pobo. Posteriormente, ás 14 celebrarase o xantar de irmandade na carballeira. Ata o sábado os interesados todavía poden retirar as súas invitacións previo abono de 15 euros. Este xantar rematará coa entrega de premios.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|