Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Resultados do VIII Memorial Ricardo Portela
O sábado 14 de xullo, tivo lugar o concurso , contando cun total de seis grupos participantes, nomeadamente: Boudebou (Cambados), Contracocheno (Vigo), Os Enxebres (Cacheiras), Os Folerpas (Santiago de Compostela), Picuiña (Marín) e Rédea Solta (Galicia).

Na fase eliminatoria, celebrada pola mañá, o xurado do concurso decidiu clasificar para a fase final aos seis grupos participantes que amenizaron as rúas de Pontevedra coas súas interpretacións.

Na fase final, celebrada ás 20 horas na Praza da Verdura, lugar onde tamén tiña lugar a mostra de artesans de instrumentos tradicionais galegos, o xurado cualificador decidiu outorgar os seguintes premios:

Primeiro premio, para o grupo "Os Folerpas" de Santiago de Compostela, integrado por Pablo Carpintero (gaita), Emilio Lois (gaita), Rosa Sánchez (caixa) e Gustavo Couto (bombo).

Segundo premio para o grupo "Rédea Solta", integrado por Óscar Ibáñez (gaita), Pablo Devigo (gaita), Roi Adrio (redobrante) e Miguel Fraguas (bombo).

Terceiro premio para o grupo "Contracocheno" de Vigo, formado por Carlos Estévez (gaita), Marcos Castro (gaita), Marcos Alfaya (tambor) e Antonio Fernández (bombo).

Premio especial "Seivane-Goretex" consistente nunha gaita creada especialmente para o VIII Memorial, á mellor interpretación dunha peza en toque pechado, para o grupo "Os Enxebres", de Cacheiras, formado por Alfonso Rodríguez (gaita), Pablo Seoane (gaita), José Costa (gaita), Ricardo Martínez (tambor) e Alberto Bouzón (bombo).

Premio especial "Ricardo Portela", para a mellor interpretación dunha peza do repertorio de don Ricardo, entendendo como tal aquela que estea gravada en cinta ou disco polo mestre pontevedrés, para o grupo "Rédea Solta" pola súa interpretación de "A Alfonsina", de Canuto Berea.
Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 16-07-2007 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 que vos os folerpas e os enxeb#blgtk08#res.
Superiores
Comentario por un espectador (16-07-2007 16:31)
2 ENVIOVOS ESTE COREO DENDE O C C "A MERCED" DE CHAIN PARA CAMBIALO DIA DO XERÁN. A DATA QUE PUXERAMOS ERA O DIA 17 DE MAIO, E QUEREMOS TROCAL#blgtk08#A POLA DO 24 DE MAIO DEVIDO A COINCIDENCIAS CON OUTRAS ATIVIDADES DO PROPIO CENTRO E DE CENTROS VECIÑOS.
MUITAS GRAZAS E UN SAUDO.
Comentario por Roberto (28-04-2008 14:41)
3 ola queriavos pedir si podiades poñer os vídeos de xiradela dos 3#blgtk08# grupos gañadores no concurso da categoría c.
bks
Comentario por noelia (06-05-2008 17:00)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0