Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Concurso Nsaio no Camiño |
|
 O I Concurso Musical Nsaio arranca na súa primeira edición con intención de converterse nun referente, en canto a concursos musicais se refire, de toda a península.
A iniciativa xurde da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo e da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade con gran ambición por ambas partes. Como principal atractivo do certame temos o premio para o gañador; nin máis nin menos que unha carreira musical profesional.
Para que ningún artista se quede sen poder demostrar a súa valía temos un amplío espectro de estilos musicais ós que poden optar os participantes: Rock, Pop, Folk, Mestizaxe e Novas tendencias musicais serán os estilos a concurso.
15 serán os grupos escollidos para realizar a súa actuación en directo cuns medios técnicos de autentico luxo.
E que mellor maneira de realizar o concurso que recorrendo diversas vilas dos diferentes Camiños de Santiago mediante unha serie de actuacións en directo tanto dos artistas participantes como de grandes estrelas da música española. Def con Dos, Deluxe, Berrogüetto ou Macaco serán os encargados de cerrar os diferentes espectáculos nos que se realizarán as seleccións e de acompañar ós participantes no gran escenario dos eventos.
Fisterra, Mondoñedo, Melide, Verín, O Grove e Lugo serán as localidades que poderán gozar dos festivais nos que se elixirá ó gran gañador do concurso.
O prazo de recepción de maquetas remata o 16 de Xullo para enviar toda a documentación que se lles solicita para concursar. A partir de aí sairán elixidos os 15 finalistas que desenrolarán o seu espectáculo en directo nas seguintes datas e localidades:
- 20 de Xullo- Mondoñedo (Semifinal Rock con Def Con Dos)
- 21 de Xullo- Fisterra (Semifinal Pop con Deluxe)
- 24 de Xullo- Verín ( Semifinal Mestizaxe con Macaco)
- 27 de Xullo- O Grove (Semifinal Novas Tendencias con Telephunken)
- 28 de Xullo- Melide ( Semifinal Folk con Berroguetto)
- 15 de Setembro- Lugo (Final con Los Suaves)
Máis información en www.nsaio.net
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|