Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xa hai programación do Festigal |
|
FESTIGAL 2007
24 e 25 de xullo, Santiago de Compostela
PROGRAMACIÓN MUSICAL DO FESTIGAL
MARTES 24
23:00h
· Loretta Martin (Galiza)
· Babylon Circus (Francia)
· Terrakota (Portugal)
· Dj Missill (Francia)
MÉRCORES 25
21:00h
· Fia na Roca (Galiza)
· Nancy Viera (Cabo Verde)
· Kroke (Polonia)
Ademais, o Mago Antón presenta o espectáculo MAGOS NO PAÍS DAS MARABILLAS.
Día 24 ás 22:00h
Día 25 ás 18:00h.
ACTIVIDADES CULTURAIS ALÉN DOS CONCERTOS
GALERÍA DAS IDEAS
Están previstas mesas redondas sobre os seguintes temas: ?Conflitos e cambios na globalización? así como unha tertulia sobre a actualidade sociopolítica con participación de xornalistas e representantes políticos.
GALERÍA DAS LETRAS
Contará con recitais poéticos e exposicións; e sobre todo, coa presentación de novedades editoriais con presenza de autores e autoras de actualidade que asinarán exemplares ao final de cada presentación de libro, entre outros Manuel Rivas, Rosa Aneiros, Teresa Moure, Suso de Toro, Inês Pedrosa ou Carlos Meixide.
GALERÍA AUDIOVISUAL (Sala Nasa)
Proxectaranse obras audiovisuais galegas facilitadas entre outros por distintas institucións, escolas e empresas. Barállase, entre outras, a proxección de curtas premiadas no Festival de Cans e nos Premios Mestre Mateo e de traballos da Escola de Imaxe e Son de A Coruña.
OUTRAS ACTIVIDADES
Exposición ?Queremos Coñecernos?, mostra divulgativa sobre a vida e traxectoria de mulleres galegas destacadas, organizada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
Galería da Ciencia e as novas tecnoloxías, cun espazo para o software libre, no que participarán diversas asociacións que promoven o uso do software libre ademais de promoción da culturacientífica galega.
Así mesmo, haberá unha galería de artesanía, unha feira de Asociacións e un espazo infantil.
|
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
Henri, hai que organizar unha para ir#blgtk08# a ver a Kroke. Vas flipar!!!
|
|
|
Comentario por Edu (10-07-2007 19:12) |
|
|
2 |
Falta dicir que o 25 tamén actuarán no Festigal a Char#blgtk08#anga e Pandereteiras de Lembranzas da Ría de Cangas ;) |
|
|
Comentario por Milego (13-07-2007 17:31) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|