Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Derradeiro "Venrespirar" da tempada en Ourense |
|
Este Venres día 6, a partir das 22 h., despedimos os Venrespirar desta tempada, na praza das Mercedes de Ourense, coa colaboración do Pub "Olloledo".
Como fin de festa contaremos coa actuación do grupo "Os Terribles de Donas"
Os Terribles de Donas foron unha das murgas galegas de máis éxito e prestixio que funcionou ininterrompidamente ao longo de trinta anos, dende o remate dos trinta ata finais dos sesenta. Cun repertorio diferenciado entre o que foi a primeira época do grupo (na que primaban as muiñeiras, xotas e pasodobres) e as seguintes (coa incorporación das músicas traídas polos emigrantes e as que eran difundidas por medio da radio), o nome dos Terribles de Donas foise convertendo en sinónimo de festa rachada. Na actualidade, unha nova formación intenta recuperar o repertorio orixinal daqueles "Terribles" mantendo a filosofía do grupo. Podedes escoitar e ver un video deles no seguinte enderezo http://www.uvigo.tv/VODpublic/pontenasondas.html
E coma sempre, tamén tocará o Aula de Música Tradicional Gomes Mouro e todos aqueles que se/vos animedes.
Como vedes semella unha grande noite para tod@s @s que gostamos de bailar. ¡Esperámosvos! |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|