Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Foliada nas Pontes

O vindeiro venres día 29 de Xuño a partir das 22:30 horas, na Cafetería LAR, organizamos a derradeira Foliada desta temporada. Para a ocasión contamos cun cartel de luxo dentro do ámbito tradicional.

Para empezar visítannos “AS DUAS”. Elas son: Sabela Caamaño e Tamara Santamariña, dúas xóvenes rapazas ferrolás que fan maravillas cos seus acordeóns. Demostrando en cada actuación que o delas é o virtuosismo, semellando facil é sinxelo todo o que fan, demostrando un control impecable e un dominio absoluto sobre o instrumento.
Teñen unha maqueta gravada no 2006, titulada “COMEZOS”, con doce pezas, todas tradicionales, mesmo teñen gañado algún concurso internacional.

Despois poderemos contar coa presenza de Manuel Viqueira, o gaiteiro de Vilaverde, un dos mellores gaiteiros de Galicia: Coñecido en toda a comarca de Ordes dende que, con 11 anos, comezara a percorre-las romarías levando a maxia e a alegría da súa música. Manuel tén agora 77 anos e segue cheo de forza e de proxectos: acaba de gravar un disco e tamén de aparecer no mes de Febreiro como protagonista do programa da TVG, ALALA.

Manuel é único porque tén un xeito de tocar, o que se coñece como “tocar pechado”, que antes era moi frecuente pero que agora pouca xente domina. Ademais conserva moi ben o repertorio propio da súa zona e que fai uns picados e uns trinos que distinguen a súa música da de calquera outro gaiteiro, poderemos comprobar a gran espectacularidade, coa sua forza de interpretación ante o público.
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-06-2007 14:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Ola:

Que sorte os das pontes. Non é un dos mellores #blgtk08#gaiteiros do século.É un dos mellores gaiteros que existe e existiu
Comentario por (27-06-2007 17:39)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer