Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Fin de carreira e fins de curso
Este Xoves 28 de xuño ten lugar o concerto de fin de carreira da gaiteira Lorena Freixeiro.
Será ás 16:00 no auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de música de Vigo.

No concerto participarán entre outros Xistra de Coruxo, Vicus Spacorum e un septimino formado por gaiteiros do conservatorio.

-------------------------------------------------
Este venres dia 29 de Xuño será o fin de curso na Escola de Artes e Oficios de Vigo (antiga Universidade Popular) coas audicións das distintas turmas do conservatorio folc (Canto popular, Requinta, Violín, Zanfona, Harpa, Gaita e percusión).

A partires das 18:00 na sede de García Barbón (Vigo)

------------------------------------------------
Tamén este venres dia 29 de Xuño, organizase o concerto de Fin de Curso cos Alumnos de Gaita, Percusión, Acordeón, Canto e Pandeireta da AOFT (Asociación Ourensana de Folclore Tradicional).

Será a partir das 20:30h. no salón de actos da Casa da Cultura de Allariz.
------------------------------------------------

O sábado 30 de xuño ás 19:00 no Salón Teatro de Lalín, concerto aberto fin de curso do Conservatorio Folque.

Convidados Mofa e Befa (Teatro) e Merce de Rande (Teatro)

E ás 21:00 o gaiterio Edelmiro Fernández coa Banda Municipal de Lalín.
-------------------------------------------------


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-06-2007 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer