Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Alalá polo Val do Ulla

Hoxe, martes, día 19/06/2007

Nesta nova edición, o programa Alalá viaxa ao Val da Ulla. En San Miguel de Sarandón viven Marcelino de Muiñeiro e Pepe de Nande, os dous últimos requinteiros que aínda tocan nunha formación estable. Ao redor destes grandes e vellos mestres reuniuse un grupo de músicos novos que, engaiolados polo son da requinta, quixo recuperar as vellas tradicións musicais da Ulla con “A gaita de Sarandón”. Pepe e Marcelino ademais de veciños son amigos desde a infancia. Xuntos teñen unha chea de vivencias tanto musicais coma persoais. O que tiveron en común os dous foi o amor pola música, de cativos conseguiron xa o seu primeiro pínfano ou frauta e con el andaban “pinfaneando” mentres andaban coas vacas nas veigas.

Descubriremos tamén como se empregaban hai moitos anos instrumentos pouco coñecidos, como pode ser o charrasco. Recuperar o repertorio e o legado musical que os dous reteñen na mente son os obxectivos do grupo, as pezas de cando tocaron na “Gaita de Vedra” e as das festas e troulas cos veciños de Sarandón.

Grazas ao traballo e esforzo deste grupo, a requinta, un instrumento case esquecido, está a vivir hoxe un momento de esplendor que se ve reflectido coa publicación do seu primeiro traballo discográfico: Requinteiros da Ulla. Na gaita de Sarandón hai unha mestura de idades, caracteres e personalidades. Ademais de músicos, no grupo hai un enxeñeiro, un investigador, un bibliotecario, un mecánico…e de todo isto xorde unha formación que está a acadar un éxito importante, que lembra aqueles grupos de requinteiros, de comezos do século vinte, que constituían outro dos emblemas do Val da Ulla.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-06-2007 08:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer