Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ortigueira 2007: Concertos do esceario Runas
O Proxecto Runas'07 xa ten gañadores

O Proxecto Runas´07 pecha o seu cartel. A dirección artística do Festival Ortigueira vén de anunciar os nomes das cinco bandas noveis gañadoras do concurso, que abrirán a cita folk nunha noite adicada a pular aos novos creadores da música de raíz.


Sete Saias, Balbarda, Crema de gaita, La Jambre e Bonovo son as formacións que debutarán no escenario Estrella Galicia o xoves 5 de xullo. Por unha noite, o palco principal de Ortigueira será espazo reservado para os grupos emerxentes do panorama folk.

O xurado, integrado por críticos musicais como José Miguel López, director de Discópolis; Emilio Españadero, director de Lume na palleira en Radio Galega; Ángel Varela de La Voz de Galicia; Óscar Losada de La Opinión, Joao Sá do portugués Folklandia e o público da web oficial, inclinouse este ano de forma maioritaria por propostas artísticas que actualizan e reinterpretan a música tradicional (aplicable aos andaluces La Jambre, aos madrileños Balbarda e aos galegos Setesaias e Crema de gaita). Unha liña da que escapa o son festivo e cañeiro de Bonovo.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-06-2007 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer