Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Actualización da Romaría do Lecer
VII romaría do lecer

Desta vez terá lugar no Paseo das Pontes da Coruña (non no Parque de Santa Margarida coma sempre, debido ás obras) a vindeira fin de semana, 16 e 17 de Xuño.

O sábado á noite, faremos a foliada, abrirá o acto o Grupo de Música Tradicional Xacarandaina, e despois tocarán no palco grupos de toda Galicia coma Nemeth (Carballo), O Fiadeiro (Vigo), Donaire (A Coruña), Cantigas e Agarimos (Santiago)... Despois disto, poderá tocar todo aquel que queira, para seguir coa festa.
Haberá tamén un bochinche para ir mollando a gorxa.

O domingo 17, durante todo o día, levaremos a cabo a clausura de actividades dos alumnos da Asociación; haberá tamén actuación de paiasos e xogos para os máis pequenos, mostra de obradoiros artesáns, o I campionato de tute, e seguirá alí o bochinche pra recargar forzas.

Agardamos vervos por alí.
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 12-06-2007 12:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Foi unha foliada que recordaremos con alegría. Paseino estupendamente bailando toda a noite a pesar da choiva e a lama que me cubría a metade dos pantalóns e os t#blgtk08#enis.
Noraboa a Xacarandaina por organizar este tipo de eventos para fomentar o noso folclore e para divertirnos tanto.

Un saúdo agarimoso
Comentario por A Tesosecre (19-06-2007 09:57)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer