Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Alalá en Cabana de Begantiños
Hoxe, martes, día 12/06/2007

Alalá viaxou ata un concello rico, o de Cabana de Bergantiños, rico na paisaxe de forza da terra e do mar; rico no tempo, xa que un pode achegarse ata o Castro de Borneiro ou ata o Dolmen de Dombate, e, coma non, rico na tradición musical, pois aquí o que non regueifa bota unha copliña con moita graza, quen non toca a gaita ou a pandeireta recorda un poema, e o que non quere botar arte pola boquiña, amósaa con todo o corpo e fai calar a todos cun baile, porque só aquí se conservaban bailes hipnotizantes como a Muiñeira Vella ou a Jota Roubada. En Cabana de Bergantiños hai un artista por metro cadrado e coñecerémolos a todos, así que o equipo do programa veu ata aquí e aquí quedou. Con toda esta riqueza é normal a cantidade de tradición oral que había e hai por estas terras. Non hai moito tocaban por aquí os míticos gaiteiros de Neaño co “ghai ghai”.
Pero á parte dos gaiteiros, aínda quedan cantos de cego, de arrieiro, regueifas ou coplas. De feito, as coplas que se conservan aquí son moitas delas en galego, o que ten dobre mérito. As coplas son rimas con moita retranca que dúas cantareiras ou cantareiros enlazan segundo o tema.


O grupo “Ruote” ten no seu repertorio bastantes pezas recollidas nesta zona por Pablo e Olga, dous dos seus compoñentes e guías desta viaxe por Cabana de Bergantiños. Xuntos no persoal e no laboral, levan pateando este recuncho do mundo dende hai case 20 anos recollendo cada copla, cada baile e cada peza musical ou cantada, sendo investigadores e profesores, porque todo o que recolleron ensináronllelo como é aos rapaces da súa aula de música tradicional “Donaire”, na Coruña. Unha historia de amor e artistas, como as de antes.
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 12-06-2007 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 ruote #blgtk08#mola!!
Comentario por :D (12-06-2007 19:08)
2 Cabana de Bergantiños merece un programa adicado enteiramente a el.Quedamos con falta de regueifa,os acodeonistas,cantadoras, jhai#blgtk08# jhai de Neaño nen se recodou.Que opotunidade se perdeu de amosar todo o que hai na nosa Cabana.E ainda así porsuposto RUOTE mola.
Comentario por Cabana (17-06-2007 22:56)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer