Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ricardo Portela ao vivo
Muiñeira de Pontesampaio.

Intérprete: Ricardo Portela acompañado por Xosé C. Villar "Bouza", Wenceslao Cabezas "Polo" e ¿Santi Cribeiro?

Presentación do disco Instrumentos Musicais Populares Galegos no teatro García Barbón de Vigo o 12/03/1988



Ricardo Portela, magnífico gaiteiro, padriño e testigo do nacemento da Banda de gaitas Xarabal e do Grupo didáctico deixounos para a lembranza esta agarimosa presentación.



Gaiteiro

Non se pode falar de Ricardo Portela, home, sen falar de Ricardo Portela, gaiteiro, xa que as dúas facetas están intimamente relacionadas na súa vida e no seu corazón, porque aínda que o gaiteiro é a técnica, o home é o corazón, que é o que realmente lle deu dimensión á gaita ao longo da súa vida.

O Home
Ricardo Portela naceu no barrio de Viascón o 4 de Novembro de 1920. Foi o primeiro fillo de Adoración Bouzas e de Emilio Portela. Despois viñeron Xosé, Alba e Xesús. O pai tocaba a gaita e o acordeón , polo que é normal que os fillos tivesen inclinación pola música.
Cando Ricardo tiña 12 anos a familia trasladouse a Vigo, á rúa México. E alí, a guerra que comezou en España, afectou de xeito especial á familia, xa que o pai estaba ameazado de morte polos falanxistas. O mesmo Ricardo sufriu na súa pel as consecuencias, pois como se negou a desfilar con aqueles que ameazaron ao seu pai, lle requisaron a gaita, aínda que despois seríalle devolta.
A pesar de todos estes reveses, sería en Vigo onde Ricardo Portela desenvolvería a súa afección pola gaita da man de Xosé Oliveira Branco, O Moreno. Este gran gaiteiro sería o seu mestre durante anos, coa única excepción do tempo que tivo que ir á guerra, quedando o seu fillo coa tarefa de seguir ensinando ao rapaz.
En 1939 chamáronlle a filas, e segundo as súas propias palabras "roubáronme a xuventude", xa que estivo mobilizado dos 18 aos 24 anos. O Cabito, como lle chamaban no cuartel da Garda Civil en Vigo, o seu primeiro destino, percorrería Lleida, A Coruña, Tárrega, Mataró ( onde en 1942 roubáronlle a gaita), Granollers, outra vez Mataró e finalmente Pontevedra.O 2 de Febreiro de 1944, casou con Osita Laredo, á que coñeceu nunha Verbena e tiveron unha filla: Rosa.Portela estivo 13 anos sen tocar, pois non atopou unha gaita que tivese a calidade daquela que lle roubaron cando fixo a mili. Un día presentáronlle ao vigués Antonio Fernández, que tiña unhas gaitas de ébano de Faustino Santalices, e retomou a música que tanto amaba e que dalgún xeito obrigáronlle a deixar. Por mediación de Antonio Fernández, Portela entrou en contacto con Paulino Pérez Sande, un artesán de Lugo que seguía as directrices de Santalices nun taller que comezaba a súa andaina. E así compro dúas gaitas en Do, e tiña ademais un punteiro de ébano que lle regalou Paulino Pérez, cos que tocou desde 1955 ata 1979. Foi entón cando escoitou unha gaita que fixo Xosé Seivane e que lle recordou aquela que lle roubaron anos atrás. Con esta e coas que xa tiña estaba preparado para o desenvolvemento da súa xenialidade.No ano 1955, Portela emigrou a Venezuela onde traballou no "Laboratorio Dental Estomatológico de Caracas". Alí tomou contacto cos emigrantes no Fogar Galego de Caracas, de tendencia republicana, onde fundaría un grupo degaitas. Tamén había un centro Galego adicto ao réxime que por aquel entón gobernaba España e unha Casa de Galicia que intentaba levar unha certa imparcialidade; institucións que co tempo uniríanse para formar a Irmandade Galega de Venezuela. En 1959 regresou a España e estableceuse en Pontevedra, onde continuou co seu traballo de protésico dental.Nos últimos anos da súa vida, Portela tivo problemas de saúde que fixeron que os médicos aconsellásenlle deixar a gaita polos esforzos que lle supuña tocar. Pero o amor que sentía polo seu instrumento impúxose ante a prudencia aconsellada.Ricardo deixounos, finalmente, un 24 de Marzo de 1992, coa tristeza de despedir a un gran mestre de gaita, pero coa satisfacción de coñecer a un home de ben e a un magnífico gaiteiro.

O gaiteiro
Se algo é notorio de Ricardo Portela é o seu constante respecto pola e sobre todo pola figura do gaiteiro. Tanto que sempre se negou a tocar a gaita onde non se escoitase coa debida atención.
As ultraxes á gaita repetíanse con frecuencia; por exemplo, nunha verbena na Estrada, un cartel anunciaba "...xigantes e cabezudos, gaiteiros etc.", que Portela acusou de antigalego e denigrante. Outra práctica habitual era que os gaiteiros tocasen nas festas, no intermedio das actuacións das orquestras , para entreter á xente mentres os músicos "de verdade" descansaban. Práctica á que Portela se negou sistematicamente. Tamén é sabido que rexeitou o emprego de instrumentos feitos con instrumentos de baixa calidade ou por artesáns mediocres. Claro que esta postura de respecto tróuxolle algún que outro problema, como no caso dos concursos: nunca gañou un, porque os premios repartíanse por afinidade co Réxime. A dignidade de Ricardo, non lle permitía pasar por alto ningún ataque á calidade e autenticidade da gaita.
De todas as maneiras, pronto deixou de participar, nin tan sequera para participar como xuíz.Con todo, a súa achega máis importante atópase no terreo da técnica.Era notable a súa calidade como instrumentista e as súas posibilidades interpretativas. A Portela gustáballe utilizar adornos nas súas interpretacións que daban un aire alegre ás melodías. Adornos que variaban segundo as notas utilizadas e que pola súa propia identidade eran imposibles de escribir nunha partitura, polo que deixaban entrever a calidade de digitación e por encima de todo a sensibilidade do instrumentista.
Comentarios (2) - Categoría: Videos - Publicado o 11-06-2007 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Ricardo Portela deu clases de gaita no meu inst#blgtk08#ituto...e realmente era unha persoa especial.
Comentario por Moraiminha (11-06-2007 15:09)
2 Mágoa de non coincididen ben o son e a imaxe.

Haberá que#blgtk08# ir recopilando documentos como estes do Youtube.

Saúdos
Comentario por Henrique (11-06-2007 20:02)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer