Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VII Romaría do Lecer de Xacarandaina
Despois dun duro ano de traballo chega a festa das festas por excelencia... ¡a VII Romaria do Lecer!

O sábado 16 de Xuño, terá lugar no Paseo das Pontes a Foliada, a partires das 9 da noite, onde grupos de toda galicia tocarán unhas peziñas para que os bailadores mais animosos botedes uns bailes.

O domingo 17 de Xuño, durante todo o día haberá no mesmo lugar, a clausura das actividades da Asociación Xacarandaina, organizadora do evento, e ademais haberá sorteo de agasallos, torneo de tute, obradoiros de artesáns, xogos para os mais pequenos, polbo, churrasco e bochinche para o que teña fame... ¡Teremos de todo!

Xa sabedes... O plan promete, así que esperamos vervos por alí, xa sabedes, 16 e 17 de Xuño no Paseo das Pontes (A Coruña)


Comentarios (11) - Categoría: Novas - Publicado o 11-06-2007 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Comentario(s)
1 xa tardaba en poñerse eiquí!!
:D:D#blgtk08#:D:D:D
iremos!jejej
adeus!
Comentario por euuuu!! (11-06-2007 14:46)
2 Outro ano mais de Romeria do Lecer, romeria onde o#blgtk08#s grupos invitados tocan para divertir os de xaca.
Comentario por Brais (12-06-2007 04:33)
3 Lo más importante de esta romeria y sin lugar a dudas son los grupos invitados, los cuales amenizan la fiesta. Sin la participación de dichos grupos esta romeria seria simplemente una reunion de miembros de xacarandaina para comer y entretenerse con las actividades.
Este comentario lo hago por que ni en su pagina web ni en el cartel se anuncian los grupos p#blgtk08#articipantes que son los que van a amenizar la fiesta GRATUITAMENTE asi que cuando llegues alli te enteras de quien toca.
Señores ya que esta gente se molesta en acudir a vuestra fiesta para que baileis y lo paseis bien, creo que se merecen tambien ser protagonistas en la publicidad del evento..no?
Un saludo, y siempre se esta a tiempo de retificar.
Comentario por Pablo (12-06-2007 04:43)
4 home non teño contacto directo con xaca nin nunca estiven nesa romería pero pregunto trátase dunha foliada? porque si é así a tocar vai que quere, porque quere e a pasalo ben igual que nos seráns que se fan pola miña zona su#blgtk08#poño non si? se é así nin se me ocorrería poñer que grupos participan xa que aínda que sempre afiances algún se os pos no programa como actuación deixaría de ser unha foliada e pasaría a ser un festival non si?
Bicos
Comentario por unha seranlheira (12-06-2007 10:51)
5 Quedeime pasmado despois de escoitar estes comentarios.
¿É unha festa onde se invita a grupos para que os de Xaca o pasen ben?
Esto é unha foliada, a xente vai a bailar e cantar, se queres bailar bailas e se queres cantar cantas, non se sabe de antemán os grupos que van, non é un concerto no que exista un cartel de artistas invitados, máis que nada porque todo o mundo está invitado.
O mellor hai xente que decide o mesmo día ir a foliada e actuar nela.
Paréceme que se está desprestixiando unha asociación que realiza enventos para que ac#blgtk08#oda o maior número de xente a pasalo ben, e o único que se consegue con isto e poñernos a todos en contra e non disfrutar dos poucos momentos que temos para disfrutar coa nosa cultura, a nosa música e a nosa tradición.
Eu irei a Foliada a pasalo ben, toque quen toque e baile quen baile.
O tema de que os grupos van GRATUITAMENTE..... ¿Acaso nas demáis foliadas non se vai así?
Para rematar non sei porque se di que "os grupos se molestan en acudir", para min non é molestia, cada un vai a donde quere....
Vémonos na foliada de Xaca!
Comentario por Un de moitos (12-06-2007 12:16)
6 Non va quien quiere, ellos se encargan de llamar personalmente a los grupos que quieren que participen. Y estos grupos tocan en un escenario por orden de actuacion con un repertorio.
L#blgtk08#os grupos aceptan o no pero van gratuitamente, cuando cualquiera de ellos cobraria una cantidad por actuar en cualquier otro sitio. Asi que ya que no cobran por lo menos publicidad merecida.
Comentario por Pablo (12-06-2007 12:18)
7 En tódalas foliadas os grupos que participan se lles chama de antemán, pero ata o mesmo día non se sabe quen vai ou quen non, seino porque eu vou de foliada en foliada cantando.
En ningures cobrei, nunca se cobra, e sei que os de Xaca tamén van actuar as foliadas sen cobrar.
O de facer unha orde de actuación se fai para ter organizada a foliada, pero at#blgtk08#a o mesmo día existen grupos que non saben se van ou non. Se se fai un cartel con todos e falta un que se apuntou a última hora todos nos votariamos a man a cabeza porque non aparecen, pero realmente non saberiamos a razón.Creo que un vai a foliada para pasalo ben, dependendo de quen actúe.
Creo que non sabes de que vai este tema, falar por falar e moi facil.
Comentario por Bailador (12-06-2007 12:33)
8 Vexo que seguimos coa teima dos piques...

Canto mellor nos iría a tod@s se calquera actividade dos grupos estiveses apoiada polo resto.

Sorte e moito ánimo á xente de Xacarandain#blgtk08#a. Nestes tempos xa é dificil organizar algo e é máis dificil lograr que remate con éxito.

Espero que algunha delegación do sur poida achegarse ata a romaría do Lecer.

Saudinhos
Comentario por Henrique (12-06-2007 12:42)
9 Alucino en colores! Flipo por todas partes! Buaaahhh... O tal Pablo este que firma non foi a unha festa na súa vida! Dende cando se cobra por ir tocar a un serán, foliada, fiadeiro...?

As asociacións xuveniles, folclóricas, culturais, etc, de toda Galicia organizan os seus actos e as súas festas durante todo o ano. A única diferencia no caso de Xacarandaina é que é unha asociación de renome moi coñecida por todos, polo que ten máis facilidade para difundir todo o que organiza porque todo o mundo se presta.

Hai unha diferencia abismal entre "ir contratado a un festival" e "ir invitado a unha festa". No primeiro dos casos eu cumpro un horario, vou co meu traxe tradicional (ou non), toco o tempo acordado... E ademáis, en moitos deles non cobras porque se fan "intercambios". No segundo do caso aparezo cando me peta, vou en vaqueiros e deportivas, berreo como unha tola, #blgtk08#bailo toda a noite e toco só un pouco para deixarlle oco ós demáis (que tamén queren subir a facer festa). E enriba danme de cear!

Ti es moi libre de ir a onde queiras, ninguén che esixiu que aparezas o sábado pola Coruña.

E isto vai para todos: Xacarandaina é unha asociación GRANDE por moitas cousas; polo seu duro traballo en prol da cultura tradicional durante décadas, pola súa ilusión, polo seu tesón... Está chea de xente boa e agradecida, e iso a fai máis grande aínda.

Hai moita xente envelenada pola envexa neste mundo, pero gracias a deus, somos moitos máis os que facemos isto por amor ó arte e a cultura. E mentres iso siga sendo así Xacarandaina seguirá tendo o cariño e o respaldo de todos nós, péselle a quen lle pese, aínda que non sempre poidamos estar de acordo en todo.

Viva a festa! que ó fin e o cabo é o que importa.
Comentario por Nuria (12-06-2007 14:37)
10 Gracias a todos por vir á festa, estivo ben a pesares do chaparrón, o barro e os aspersores. Sobretodo ós q#blgtk08#ue vides de lonxe, Santiago, Vigo, Carballo... vémonos na foliada de Fiadeiro o 30!!! E que chova se quere!
Comentario por Ana (18-06-2007 11:52)
11 Da gusto ver que a xente ten ganas de bailar e tocar, chova, trone,#blgtk08# ou se acendan os aspersores ;).
Graciñas, e vémonos o 30.
Comentario por Fati (18-06-2007 13:27)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer