Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Premio para Alalá

O programa Alalá da TVG recibirá un galardón da Academia de Televisión

O programa da Televisión de Galicia Alalá, que dirixe Senén Bernárdez e presenta Pilar García Rego, recollerá este sábado en Sevilla o galardón ao mellor programa de Tradición musical outrogado pola Academia das Ciencias e das Artes de Televisión. Alalá naceu como documental musical que se interna nas historias e vidas cotiás da xente que loita para que non se esqueza a sabedoría tradicional. Alalá é un dos programas que a TVG presentou dentro da súa renovación de contidos e supón unha revisión do xeito en que a televisión difunde a tradición musical, encadrando a actuación dun grupo ou artista dentro do seu marco social, laboral ou persoal. A gala de entrega dos premios, que tamén celebra o décimo aniversario da Academia das Ciencias e das Artes de Televisión retransmitirase por todas as canles autonómicas da FORTA.
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 08-06-2007 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Sin tempo non era, un programa de televisión donde non se pase por alto algo tan importante coma a nosa tradición musical, e dar a coñecer algo que ata o de agora moi pouca xente sabía que existía, solo nós, os raros, os poucos, os que según moitos perdemos o tempo, os cartos e a nosa mocidade, preocupàndonos pola nosa tradición, por que non se perda, en difinitiva, actuando de historiadores, preocupándonos por algo noso, voso, deles, preocupándonos pola nosa Historia.
Grazas a ALALÁ, si, pero grazas os vellos que nos atenderon, nos atenden e nos atenderán, e como non, grazas o#blgtk08#s que xa non nos poderán atender nunca máis. Pero non so a eles, tamén a vos, a todos nós, auténticos encargados de convencer os nosos maiores do que eles sabían era moi importante, era algo que non está nos libros, e que non eran parbadas das qeu avergoñarse, se non todo o contrario. A Vos, A Nos Grazas, por facer moitas veces de sicólogs, de investigadores ertongráficos, de historiadores e mesmo por facer moitas veces dese fillo que moitos dos nosos vellos sempre quiseron ter, que lles escoitaran, que os valoraran e que os fixeran sentirse protagonistas da súa propia vida. GRAZAS.
Comentario por EQUERQUELLEQUER (08-06-2007 21:16)
2 mereceno...aver que poñen o proximo martes...eu bou#blgtk08#no ver, seguro que será un bó programa
adeus
Comentario por no poido dicilo (08-06-2007 21:50)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer