Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Disco homenaxe dos grupos Pop galegos a Andrés Dobarro

O dobarrismo xa chegou!

Os grupos de pop galego piden paso, e queren entrar pola porta grande. E que mellor xeito de facelo que rendéndolle tributo ao icono do xénero no país: o ferrolán Andrés do Barro, pioneiro á hora de colar un tema no noso idioma no máis alto das listas de éxitos do estado con O Tren. Un sopro de aire fresco para a súa época, e un sopro de aire fresco no panorama musical actual, coa revisión dos seus temas máis laureados a cargo de trinta bandas da emerxente escena galega.

E, da man do disco, toda unha revolución, con manifesto incluído: O Dobarrismo! “Velaí trinta grupos emerxentes a compartir unha paixón: Andrés do Barro, en epifanía colectiva, como fito fundacional da cultura pop galega. Andrés do Barro, á marxe da turbación, e masturbación, da palabra “nostalxia” (a maior parte destes artistas non tiñan nin nacido nos anos dos seus trunfos). Andrés do Barro, referente definitivo para unha nova estética, a sonoridade dunha lingua que desde esta fin do mundo se dispón -tamén en clave pop- a facer vibrar o planeta.” Son as palabras de Xurxo Souto, capitán bravú da Terceira Revolución Musical Galega (a do propio Andrés, a Primeira, e a de Os Resentidos, a Segunda), e actualmente trobador das ondas herzianas no programa Aberto por Reformas da Radio Galega.

Projecto Mourennte, The Homens, 6pm, Niño y Pistola, Narf, Ectoplasma, Samesugas, Elodio y los Seres Queridos, Fanny + Alexander, Noveulle Cousine... trinta grupos nun dobre cd para darlle volta e berrar viva Andrés do Barro. Unha oportunidade inmellorábel para achegarse á súa obra e, ao mesmo tempo, reivindicar a dimensión do pop do século XXI feito no país. Se o legado de Andrés do Barro fora un tanto esquecido en descoidadas recompilacións de grandes éxitos, Falcatruada edita agora unha coidada e arriscada edición a partires dunha iniciativa dos propios grupos que participan no proxecto.

“Manifesto Dobarrista: un disco tributo a Andrés do Barro” inclúe ademais colaboracións coma a de Andrea Lapique, filla do cantante ferrolán, que lle recita versos ao seu pai na canción Meu Amor, de Fanny + Alexander. No libro do cedé hai, ademais, textos de homenaxe escritos pola propia Andrea, polo poeta e xornalista Daniel Salgado, e por Xurxo Souto, dos Diplomáticos de Monte Alto.





Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 06-06-2007 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer