Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Alalá en Cuba (2ª xeira)
Hoxe, martes, día 05/06/2007

O programa Alalá segue esta semana en Cuba e hoxe falará das historias dos últimos galegos que emigraron e da conquista da aldea galega en Cuba. A comunidade galega na Illa foi tan numerosa que contaxiou e introduciu un xeito de vida e unha cultura. O que poucos se poden imaxinar é ata que punto o “galego” é unha figura digna de admiración.

Para comprobar todo isto estará cos galegos mais velliños que viven na Habana, algúns recordan perfectamente o seu idioma, a súa terra e parece que nunca saíran de aquí.

O reflexo de Galicia en Cuba, atopámolo nas aforas da Habana, na Sociedade de Monterroso e Antas de Ulla, hai anos foi fundada por uns galegos e hoxe unha chea de nenos cubanos bailan muiñeiras e xotas, aprenden galego, non só os nenos senón seus pais, e descubriron neste centro unha alternativa de ocio. O Dez de Octubre é un barrio obreiro, pobre e con poucos recursos pero todos os que van alí –galegos e non galegos- quedan namorados deste centro. Como souberon aqueles galegos que o fundaron transmitir o sentimento de xeración en xeración!

Tamén estará con Olga, unha encantadora galega que nos conta como lle foi a vida lonxe da súa Galicia e as numerosas adaptacións que tivo que sufrir.

A música é outro elemento que se fusionou en Cuba dun xeito inconfundible e soan as gaitas, bombos e pandeiretas a ritmo de tumbao, de guaracha e de ritmos caribeños.

En resumo o galego en Cuba é sinónimo de traballador, de esforzo, de honradez. Con tenacidade estudou e acadou bos resultados, chegando a ter o seu propio negocio e vivindo dignamente aínda que a maioría non conseguira o soño americano.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-06-2007 01:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer