Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Bonovo o 2 de xuño no Liceum
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 31-05-2007 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Sacado do Blog de Oscar Fernández sobre o intento de concerto en Vigo o mes pasado.

http://zonadazanfona.blogspot.com

Utilizo os medios que teño, este blog, para expresar cómo os membros de bOnOvO lamentamos a suspensión do concerto-presentación do grupo en Vigo o dia 25 de Abril en "La Fábrica de Chocolate Club".

O caso é que durante a viaxe a Vigo pola autopista e á altura de Compostela recibimos a mensaxe de que non se podía abrir o local esa noite. Non coñecemos que houbera ningunha causa maior de saude, de falta de vontade do grupo nin de pouca afluencia de público prevista.

O que sabemos e que queremos comunicar é que pola razón que fora a sala suspendeu a 4 horas do concerto o que é un desplante para todos, músicos e público.
E non cremos que fora algo non previsible pois algúns días antes outra banda parece que volveu para a casa sin tocar por problemas da sala, e xa pediramos confirmación firme da data ao coñecer esa triste e preocupante circunstancia recibindo un "SI" rotundo por resposta... Álguén tiña previsto deplazarse dende Lisboa para asistir ao concerto, e nós mesmos temos máis que facer que pasear pola autopista de arriba para#blgtk08# abaixo.

Sabemos que xestionar unha sala de música en directo é un traballo duro, que se consegue manter a flote despois de anos de traballo e esforzo (tamen dos músicos) e que moitas veces non se ingresa o que se invirte. Diso sabemos tamén moito os músicos.

O que non sabemos é se é que o concello se tirou a pechar salas "aloloco", se a sala non é seria... Agora non sabemos nada, esperamos unha explicación, unha compensación e o máis importante:

Unha disculpa ao público que se achegou á sala e non atopou nin unha triste nota explicando a suspensión, eso parécenos que é faltarlle ao respeto a os clientes e non só aos puideran ir a ese concerto, a todos.

Outra cousa, a web da Sala, ao día seguinte non explica nada sobre este concerto suspendido, si sobre outros aplazados nestas datas e como primeira reseña na sección "noticias":

"La Fábrica de Chocolate Club", escogida sexta mejor sala nacional según los lectores de la Rockdelux. Muchísimas gracias a todos."

Non sei se seguirá merecendo ese posto no ranking...

Xentes de Vigo e o todo o Sur, iremos aló e intentaremos de todo corazón facervos disfrutar. Promesa de bOnOvO.


Este sábado o desquite no Porriño...
Comentario por Henrique (31-05-2007 13:38)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer