Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Aquel día das Letras Galegas

Pois si, ese de aí son eu, lendo un poema de María Mariño para iniciar o recitado de poesía organizado polo Casco Vello de Vigo.

Xente esta do Casco vello que está a facer unha laboura impresionante dende hai anos, pouca xente, moito ánimo e azos de loitar por un barrio que tiña que ser o referente para toda a cidade de Vigo...a Festa da Reconquista, a Festa dos Maios, o Entroido cos seus Merdeiros, o Samaín, o Akelarre e a Fogueira de San Xoán, As Cantadeiras do Berbés, o Certame de música mariñeira, o día das Letras Galegas,...

Este día das letras galegas tan especial para mín, deitarse preto das seis da mañá o día antes(Cea Malmequer-Amalghama) e acordar ás nove para botar unha mán nos preparativos da festa é moi duro.

Máis todo saiu ben, a ofrenda, a lectura de poemas, os músicos, o baile...dixen o baile? ben..o baile ao mellor non tan ben...

E pola tarde, esa preciosa excursión a Donón. Mirando a foto do anoitecer podedes imaxinar que a gusto estabamos tod@s nesa paraxe, foi perfecto...e podía ser máis perfecto? si, ela estaba alí pero non coma antes, nin coma o día anterior, nin coma a semana anterior, nin coma o mes anterior...e chegou o día seguinte e o 18 de maio foi outro día, doutra época, doutra dimensión e daquela... eu xa non era eu.

Bikos para ela
Henrique
Comentarios (3) - Categoría: Resacosix - Publicado o 25-05-2007 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Con cousas como esta un non sabe qu#blgtk08#e decir... quizais... que bonito...
Comentario por Edu (26-05-2007 15:22)
2 Romanticismo Edu,que ti tampouco andas falto (non o digo por min eh?)

Unha preciosa expresión de se#blgtk08#ntimentos.
Moita felicidade e tenrura para os dous....suspiro(a min cando me chegarán estas cousas!!!);-).
Comentario por Doris (27-05-2007 03:25)
3 Chegará, Doris, chegará pero canto máis esperes máis tardará. O mellor é #blgtk08#vivir e de súpeto, mentras un vive e o pasa ben, sen decatarte... chega!!
Comentario por Edu (28-05-2007 06:18)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer