Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xisco Feijoó en Vigo

As condicións meteorolóxicas de hoxe decidirán se o concerto de Xisco Feijoó, previsto para ás 21.00 horas, terá lugar na terraza ou no interior do auditorio Mar de Vigo. O profesor de canto da Etrad presenta o seu primeiro disco en solitario, titulado Peixe.

—Leva tempo colaborando con outros músicos. Por que agora un disco en solitario?

—Hai tempo pensei que estaba poñendo músicas que eu recuperara en discos de outros, e que podería facelo con algo meu, pero un montón de cousas marabillosas que foron adiando o proxecto. Antes da pandemia tiña pensado comezar porque levaba algúns concertos cun trío, e pensei que se podería ampliar. Carlos Quintá, compañeiro na Etrad e moi amigo, fixo os arranxos daqueles temas que eu estaba probando e se converteu nesto. Puido ser porque nese momento vinme libre para afrontar o meu proxecto sen rexeitar outros.

—Que é Peixe?

—No sentimental non é unha autobiografía, pero si unha reflexión de toda esta etapa aloucada. Eu fixen unha carreira científica e metinme nun camiño con máis o menos sufrimento e felicidade no que non pensara. Iso provoca unha especie de estrés vital de andar e correr para conseguir máis cousas, non cun afán de avaricia senón por querer dedicarte a isto. Así que Peixe é unha reflexión sobre todos eses momentos.

—E como contido?

—A metáfora de Peixe é que o peixe é un ser vivo que ten o seu medio no mar, o espazo máis amplo do planeta. E nós construímos as nosas peixeiras para vivir cómodos alí dentro, e convivimos uns con outros e amosamos só aquilo que sabemos que vai coordinar co de enfronte para non molestalo, e eu considero que o peixe debería estar ao seu. Todos buscamos o xeito de encaixar na sociedade aceptando as normas e apagamos a nosa luz, cando eu considero que son as cousas marabillosas as que nos diferencian dos demais.

—Basear a súa concepción musical no canto inflúe dalgún xeito nas composicións?

—Non, porque aínda que son músico tamén de instrumentos, o meu eido de traballo está no canto tradicional. Así que para min é unha vía de comunicación, e a miña experiencia vital durante trinta anos de recuperación de música, foi atopar que un 90 % da música tradicional é cantada. Así que eu si que nado nas augas máis cómodas. Quizais estamos nun momento no que a nosa música folk é impensable sen estar presente a música vocal.

—Non é minoritaria a presenza do home no canto tradicional?

—Eu non son un fito histórico porque temos un gran bagaxe de homes cantando, e moito antes das mulleres solistas, refírome a Emilio Cao, A Roda, etc. Falo da música profesional porque na tradición é outra cosa porque é a muller o centro da música vocal.

—Que supón o baile?

—O 90 % das músicas que eu utilizo teñen na orixe provocar o baile; se a xente empregaba estas melodías e quen as escoitaba non as bailaba deixaban de tocalas. Eu, que tamén son bailador, interpretei que por moita modernidade que lle dera á música a posibilidade de ser bailada tiña que estar presente. É facer honra ao que de verdade significaban estas músicas na súa época.

—Como leva Peixe ao directo?

—Eu trato de facer un espectáculo, non un concerto ao uso; que exista un inicio e un final que teñan un por que, cunha transición por medio na que existe música, e tamén cunha parte visual, e unha grandísima participación por parte do público.

https://www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-06-2022 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0