Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Hoxe Alalá no Bierzo
Di a copla milenaria que marzo é airoso e abril chuviñoso, pero o mes de maio é florido e fermoso. Pois nin fermosura nin flores lle faltan a Vilafranca do Bierzo que é o lugar onde se desprazou todo o equipo do Alalá para vivir en primeira persoa unha das tradicións máis antigas que se coñecen: o Maio vivo. É certo que os maios tamén se celebran en Galicia, pero desgraciadamente ningún maio vivo como o que se celebra en Vilafranca do Bierzo. O maio vivo ou maio mozo.

Di a lenda que o día 1 de maio o inverno e a escuridade morrían, porque era o día no que chegaba o Maio e toda a natureza renacía en cores e olores. O maio iniciaba o ciclo agrario do ano e traía con el a fertilidade, por iso se celebrou en zonas onde sempre se viviu do froito da terra, como Vilafranca.

O maio mozo diferénciase dos maios galegos en que aquí o Maio cobra vida, porque varios mozos da vila se visten con cañaveira, que en Galicia chamamos mazandois ou apio dos cabalos e no día do Maio é a planta tótem, porque co seu manto transforma o mozo en vexetal. Por cada rúa hai un maio e por cada maio varios músicos que o acompañan cantando unha copla milenaria casa por casa. As estrofas da copla fan unha petición moi parecida a un aguinaldo e segundo a xenerosidade dos veciños cántase unha estrofa de agradecemento ou con ironía e escarnio.
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 22-05-2007 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Espero que o moso do ma#blgtk08#io non teña alerxia...
Comentario por turonio (22-05-2007 13:44)
2 Caseque non...pero vai mellor camuflados q#blgtk08#ue os marines estes dos iunaited estates.
Comentario por Henrique (22-05-2007 14:56)
3 boas!
hoxe rgavaron o noso grupo para un especi#blgtk08#al do alalá de cabana de bergatiños!!^^
adeus!
Comentario por antonio (23-05-2007 20:28)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer