Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Tradición en Feminino (Arcos)
A AGG organiza o vindeiro sábado 23 de Novembro en Arcos, ao abeiro das axudas para actividades culturais da Deputación de A Coruña, a actividade Tradición en Feminino, coa que queremos reivindicar o enorme e imprescindible papel que tivo e ten a muller para a preservación e transmisión da nosa riqueza cultural. Unha xornada lúdica onde compartiremos tradición tocando, cantando e bailando a través de obradoiros prácticos, unha charla e unha mesa de debate.

PROGRAMA:
10.15 - Apertura e entrega de documentación
10.30 - Obradoiro I
“Pandeirada en Liñares. Repertorio vocal acompañado de percusión de man nos anos 1993 e 1995”. Carme López
12.15 - Obradoiro II
“Fouleada en Arcos coas informantes”. José Codesido
14.15 – Xantar
17.00 - Relatorio
“A pegada da violencia contra as mulleres nas cantigas da montaña”. Branca Villares
18.00 – Mesa debate
“Mulleres e roles de xénero na transmisión oral”. Branca Villares, Carme López, Nuria Gesteira.
Modera Marina F. Vigo.

LUGAR: Casa da Cultura de Mazaricos (Castelao, 1 - A Picota)

DATA: Sábado 23 de novembro

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.gal indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.
Os obradoiros son de balde e as prazas limitadas, tendo preferencia @s soci@s da, que disporán ata o martes día 19 para inscribirse, e partir desa data as prazas dispoñibles cubriranse por orde de inscrición.

Animádevos a participar!!! Esperámosvos!!!
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-11-2019 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer