Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VI Festival Candeloria (Lugo)
Sábado, 16 de febreiro
Pazo de Feiras e Congresos. Lugo

Di o refraneiro popular que cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra. Nova edición (e van seis) do Festival da Candeloria en Lugo, que este ano chora despois de que a organización anunciase que celebran a súa derradeira edición.

Cartel de luxo para poñer peche a sete anos de traballo por parte da organización. Así, este 16 de febreiro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo despregarase o rap de Rebeliom do inframundo, o rap-quinqui de El Coleta e Jarfaiter, a fusión de Tremenda Jauría, a música combativa de Mafalda, unha boa dose de ska cos Dakidarría e do mítico Juantxo Skalari (cantante de Skalariak) e a súa Rude Band. Tamén estarán en Lugo clásicos de Galicia: Arrythimia, os incombustibles Ruxe-Ruxe e NAO (que tamén están de despedida). Pechan o cartaz El Último que Zierre e os Gatillazo de Evaristo para poñer punto e final a un festival querido en Galicia que se despide. O festival de inverno, mellor dito, o festival celebrado no medio do inverno.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-02-2019 17:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer