Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Danza de Aldán (Cangas)
Este domingo, 20 de Xaneiro, celebrarase a Danza de Aldán na parroquia do mesmo nome, en Cangas do Morrazo. Esta danza tan sorprendente e particular celébrase desde hai máis de 300 anos, e ten relación con outras danzas que se realizan na comarca do Morrazo.

A Danza de San Sebastián ten lugar cada 20 de Xaneiro en Aldán, coincidindo coa festividad deste santo. Nela participan 10 galáns, cinco damas e unha guía. Os homes levan un traxe negro, chapeu de fieltro
e zapatos negros. As mulleres van vestidas de branco, mantón de Manila, mandil negro, panos de distintas cores sobre os ombreiros e uns vistosos chapeus adornados con flores e cintas como símbolo de fertilidade.

A procesión de San Sebastián acompáñase dita danza na cal non hai cánticos, só gaita e tambor. Iníciase o baile pedindo permiso ao Santo e durante a marcha realízase unha danza e unha contradanza. O baile dura unha hora e acaba cunha muiñeira ante a imaxe de San Sebastián. O baile xurdiu como unha ofrenda ao Santo para que librase aos veciños da peste.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-01-2019 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer