Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Gala Radio Boga (A Coruña) |
|
O espectáculo Radio Boga recrea, a través da estrutura dun programa de radio, a lareira onde se cociñaron as músicas de ida e volta da emigración, o pensamento político da segunda metade do século XX, a arte, a divulgación e a crítica. Afondando nas figuras da locutora e actriz Maruxa Boga e do artista, escritor e divulgador cultural Luis Seoane, a xornalista María Xosé Porteiro, como unha Maruxa Boga dos nosos días, será a encargada de guiar o programa, no que participarán a poeta Yolanda Castaño, a directora da Fundación Luis Seoane, Silvia Longueira, a artista plástica Luz Darriba, o actor e dramaturgo Manuel Lourenzo, o investigador Xesús Blanco e o bailarín Quique Peón.
A parte musical estará a cargo da cantora Ugia Pedreira, do dúo poético-musical de Marina Oural e Chefa Alonso e do gaiteiro Óscar Ibáñez.
A entrada é libre ata completar capacidade. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|