Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Culturgal 2018 (Pontevedra) |
|
 Volve a feira das industrias culturais
Do 30 de novembro ao 2 de decembro celébrase en Pontevedra a cita anual da cultura feita en Galicia. Culturgal, que chega a súa décimo primeira edición, enche todo o recinto do Pazo da Cultura de Pontevedra de expositores e actividades. Unha cita ideal para coñecer todo o que virá en libro, cine ou música e, por que non, para adiantar as compras dos presentes do Nadal. Máis de 80 stands e máis de 120 actividades durante os 3 días de Feira congregan anualmente a preto de 15.000 persoas en Pontevedra.
A Feira conta con varias áreas e escenarios nos que se desenvolve a programación en formato showcase: a Carpa para os directos de música, o espazo Libro no que conversas, debates, sinaturas e presentacións danlle protagonismo á produción literaria, o escenario Infantil dedicado ao público máis novo cunha ducia de espectáculos durante os tres días ou o Foro, un espazo heteroxéneo que o venres se centra en programación dirixida a profesionais da cultura. En 2018, por segundo ano consecutivo, o Espazo de Arte Contemporánea, que ocupará a Sala de Exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra, suma perto de mil metros cadrados máis á superficie habitual da Feira, aos máis de catro mil oitocentos metros cadrados do recinto feiral pontevedrés.
Ademais radio e televisión en directo, programación nos propios stands, moitas sorpresas e espectáculos especiais no Auditorio do Pazo. Carlos Núñez en directo será o protagonista da noite do sábado 1 de decembro na Feira coa súa xira ?A Irmandade dos Celtas?, cuxas entradas xa están á venda en ticketea. Na véspera, o venres 30 velada de artes escénicas con Inversa Teatro e a obra ?Sofía e as Postsocráticas? e para o domingo 2 de decembro hai dúas propostas seleccionadas para público familiar: OVIRAVAI e Xoán Curiel. Así mesmo en 2018 Culturgal estrea área gastronómica, con mesmo horario de funcionamento que a Feira.
Culturgal é unha asociación de asociacións. En concreto, reúne as asociacións máis representativas do sector cultural en Galicia: Asociación Galega Editoras (AGE), Escena Galega, Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), Agem Asociación Galega Empresas Musicais) e Eganet. A Feira conta cos patrocinios institucionais da Xunta de Galicia, Pontevédrate, Deputación Pontevedra e Ministerio de Cultura. En 2018, ademais, coa colaboración da Deputación da Coruña.
Programación completa |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|