Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

I mostra sobre o traxe aldeán de garda das terras de Lugo
I mostra sobre o traxe aldeán de garda das terras de Lugo na a Capela de Santa María dende o 5 abril ata o 1 de xullo.

Ademais desta gran exposición, o Goberno da Deputación ten preparadas outras actividades complementarias como unha xornada sobre a vestimenta e folclore da provincia, un obradoiro de confección de saias e un calendario con visitas guiadas a cargo dos responsables desta exposición.

“É unha colección de 25 traxes, composta de prendas orixinais e reproducións, que se complementan con pezas de ourivería compostelá, así como por pezas singulares. As pezas, foron recollidas polo colectivo Traxandaina, en casas por toda a provincia, coa finalidade de salvagardar o noso patrimonio cultural”.

“Os traxes son feitos e lucidos ao final do s.XIX e principios do s.XX cando a revolución industrial aínda non mudara tódolos tecidos que ata daquela se empregaban na nosa terra. Tamén se poderán ver pezas de pano sedán que por aquel entonces era o máis prezado, ademais de mandís, mantelas, refaixos, camisas de liño ou mantillóns de gala, entre outros”.

“Con esta exposición contribuímos a dar coñecer e poñer en valor unha parte da nosa historia, cultura e tradicións, e neste caso, a través das nosas vestimentas, e tamén difundimos o traballo de recopilación feito por artesáns da provincia. Estas pezas son os traxes que usaban as mulleres do rural para lucir os días de feira, os domingos para ir á misa ou “domingar”, e que, como norma xeral, son as mellores prendas que usarían na súa vida”.

25 traxes

Dentro da colección de 25 traxes que se poderán ver na Capela, provintes entre outros Concellos, de Baleira, A Fonsagrada, Castroverde, O Corgo, Sarria, Portomarín, Guntín ou Muras. Nesta mostra, tamén se exhibirán outras prendas como os mandís de mostra, aos que se lles adica un apartado especial; as mantelas ou lensas que cobren a saia; os refaixos bordardos a man; camisas de liño de corte rectos para aproveitar os anchos do tear, e mantillos de gala, mandís de traballo, panos de peito de cabeza, toucas de pelo de cabra, mantóns de lá feitos no Val de San Lourenzo coas mesmas técnicas que as mantas maragatas.

Xornada sobre a vestimenta e o Folclore

O día 7 de abril, o CENTRAD, acollerá un xornada que analizará o traxe tradicional galego, no que intervirán diversos investigadores e expertos, estes son; Isidoro Rodríguez, profesor de baile tradicional; Javier Feijoo, mestre de canto; Antonio Sanjurjo e Teresa Astorgano do colectivo Tranxandaina; Davide Salvado, artista e a profesora de baile Mónica Fernández. Para inscribirse de xeito totalmente gratuíto, ata completar aforo, hai que cubrir o formulario que está dispoñible na web da Deputación.

Obradoiro de confección de saias

Ademais haberá un Obradoiro no CENTRAD de confección de saias, que será impartido polos artesáns de Tranxadaina, no que haberá practicas, así como clases que analizarán a evolución e a historia desta vestimenta. Realizarase os días 12, 13 e 19 de maio. Para inscribirse de xeito totalmente gratuíto ata o día 2 de maio, hai que cubrir o formulario que está dispoñible na web da Deputación.

Visitas guiadas

Todos os interesados en percorrer esta exposición poden facelo mediante visitas guiadas que correrán a cargo dos artesáns de Traxandaina. Serán todas ás 18:00 horas, os mércores días 11, 18 e 25 de abril; os xoves días 3, 24 e 31 de maio; os martes 12, 19 e 26 de xuño. E por último os domingos 29 de abril, 27 de maio e 17 xuño ás 12:00 horas. Para inscribirse de xeito totalmente gratuíto, hai que cubrir o formulario que está dispoñible na web da Deputación.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-03-2018 18:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer