Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XXXVI Curso de Cultura Tradicional (Lugo)

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA para o XXXVI Curso de Cultura Tradicional que organiza a Asociación ‘Cántigas e Frores’.
Este celebrarase os días 29, 30 e 31 de marzo en Lugo. Este ano contaremos con Marcos Botana para a especialidade de baile tradicional, Marcos ‘Kinhos’ Saburido para percusión tradicional, Pedro Fariñas para gaita galega e María Vidal para canto tradicional.

O prezo da matrícula é de 35€ para soci@s de ‘Cántigas e Frores’ e da Asociación de Gaiteiros Galegos; e de 45€ para o resto (os gastos de estadía en Lugo serán a cargo dos asistentes ao curso). Esta cantidade ingresarase na conta de ABANCA ES43-2080-0152-69-3040026419.

As inscricións pódense enviar a cantigasefrores1948@gmail.com e aportando os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, enderezo e teléfono, así como unha copia do xustificante de pagamento. O prazo de inscrición rematará no momento en que se cubran as prazas de cada especialidade.

Para calquera información adicional pódese chamar ao teléfono 649421507
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 28-03-2018 22:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer